O CPA Condado, bronce no Campionato de Europa de Grupos de Show

Celebrado en Paredes (Portugal)

Salvaterra de Miño | O CPA Condado Salvaterra, dirixido por Eduardo Caride, participou o pasado 5 de maio en Paredes (Portugal) no Campionato de Europa de Grupos Show e Cuartetos, evento internacional ao que acudía por segunda vez.

Esta tempada, o CPA Condado apostou por “35mm”, unha coreografía baseada nun curto cinematográfico, na que anteriormente alcanzaron o Subcampionato de España dándolle de novo pase directo ao Campionato de Europa.

Nunha competición de altísimo nivel, o CPA Condado conseguiu en Portugal o bronce por detrás dos españois do CPA Gondomar e dos italianos División.

CPA Gondomar e CPA Condado son os dous únicos equipos galegos que conseguiron chegar a esta cita internacional. Cabe resaltar tamén que por primeira vez na historia na modalidade de Grupos Shows, dous quipos galegos conseguen subirse a un podio nacional na mesma categoría e representar a Galicia e a España nunha cita internacional.