Master Ribeira Sacra de ciclismo en Monforte

Participaron douscentos ciclistas galegos

Monforte de Lemos | O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou os premios do GP Master Ribeira Sacra de ciclismo, que se tivo como punto de saída e chegada a praza Luís de Góngora, no conxunto monumental de San Vicente de Monforte. Ao acto asistiron os membros da organización, o Club Ciclista Chantadino, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.

O alcalde destacou que “o éxito de actividades deportivas coma a de hoxe supoñen unha importante promoción tanto para o noso concello como para a Ribeira Sacra, neste cabo cunha proba ciclista que reuniu preto de 200 corredores e que serve ademais para promocionar a nosa comarca”.

A saída, que foi neutralizada, tivo lugar ás 11:00 h. dende praza Luís de Góngora para posteriormente dirixirse a Bóveda, Rubián, Pobra do Brollón e Sober dende onde o pelotón se dirixiu novamente a Monforte entrando pola N-120A. Xa no Concello monfortino, os ciclistas continuaron pola rúa do Casar, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, rúa San Pedro, rúa Leopoldo Calvo Sotelo e rúa Lagares ó final da cal os ciclistas encararon a subida a San Vicente, onde estaba situada a liña de meta.

Os tres primeiros clasificados, foron: Javier Freire Cea, do Clube Huerces C.D. Iago Alonso Alonso, do Clube Ciclista Chantadino e Francisco Javier Iglesias Mosquera, Clube Ciclista Cidade de Santiago.