Lucía Piñeira e Ismael Romero, campións da Copa de Galicia de Descenso

Do conxunto ponteareán Ponte Bike Team
O Ponte Bike Team de Ponteareas obtivo importantes éxitos na Copa de Galicia de Enduro e de Descenso.

Ponteareas | A corredora da categoria Cadete Feminino, Lucia Piñeira, proclamouse Campioa da Copa de Galicia das modalidades de ciclismo de Enduro e de Descenso.

Así mesmo o outro corredor do Club, Ismael Romero, proclamouse Campión da Copa de Galicia de Descenso.

Despois dunha Tempada 2021 marcada pola suspensión de varias probas de ámbito Autonómico e Nacional, estando varios corredores do Club presentes en varias probas da Copa de Galicia e de España, tanto de Enduro como de Descenso, xa se atopan preparando a Tempada 2022.

Ismael Romero e Lucia Piñeira recibirán un galardón como Campións de Galicia de Enduro e DH, na Gala do Ciclismo Gallego, que se celebrará proximamente. Se es amante do Enduro, Dh ou Xco, non dubides en contactar con eles para Federarte na próxima tempada 2022, a través do seu email pontebiketeam@gmail.com ou do Telf: 653461257.

Outros artigos