III edición da Mini BTT Estacións Vivas, en Baños de Molgas

Reunirá este domingo a máis de 300 rapaces de toda Galicia

Baños de Molgas | O domingo 22 de maio, voltará a celebrarse na localidade de Baños de Molgas (Ourense) unha das grandes citas do ciclismo de montaña de categoría infantil, a III edición da Mini BTT Estaciones Vivas, proba organizada pola Fundación ADO Moure Pro-Deportes e a Deputación de Ourense a través do Inorde.

Na presentación da competición estiveron presentes o vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias; o xefe de servizos de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Fundación ADO Moure Pro-Deportes, Carlos Moure, e o representante do Grupo La Región Jorge Villarino.

Esta proba, que albergará a máis de 300 nenos de toda Galicia, contará con 15 probas diferentes repartidas en 13 categorías para rapaces de entre 5 e 14 anos no circuíto permanente de BTT habilitado fronte á estación de tren de Molgas.

Outros artigos