III Carreira de Orientación da Eurocidade Tui-Valença

A celebrarse o domingo 24 de outubro

Tui | Xa está aberto o prazo de inscrición para a III Carreira de Orientación da Eurocidade, que se celebrará o domingo 24 de outubro, organizada por Xesta Natureza, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e subvencionada polo programa Interreg.

A proba celebrarase a partir das 10 horas españolas en Valença e a partir das 16.00 horas en Tui. A participación pódese realizar nunha proba, cun prezo de 6€, ou nas dúas por 10€ por participante.

As persoas menores de idade poderán anotarse gratuitamente, coa opción de recibir unha camiseta conmemorativa cun prezo de 3€.

As inscricións e toda a información está accesible en www.xestanatureza.com.

Outros artigos