Éxito de participación no IV Trail Orixes de Mondariz

Con máis de 400 persoas de diferentes puntos de Galicia

Mondariz | A cuarta edición do Trail Orixes, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz coa colaboración do Concello de Mondariz, reuniu este sábado, 21 de maio, a máis de 400 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia, outras comunidades do Estado español e Portugal.

Entre elas destacaron as 37 participantes da nova e esixente categoría Ultra (60 km) e as 41 corredoras do Maratón (40 km). O Trail (26 km) e o Minitrail (14 km) foron as distancias preferidas, con 98 e 229 participantes, respectivamente.

A exitosa celebración desta cuarta edición do Trail Orixes, despois de dous anos en suspenso por mor da pandemia, supón a reactivación da axenda de eventos deportivos organizados pola Asociación Deportiva Mondariz e o Concello de Mondariz, como entidade colaboradora. Despois do verán volverán outros eventos que estaban consolidados na programación anual, como a Carreira Popular de Mondariz, que chegará á súa sexta edición en setembro, e a marcha de BTT “Montes de Mondariz”, que celebrará á súa quinta edición en outubro.

Clasificacións do IV Trail Orixes Mondariz
Ultra
Masculino: Martín Fontán Arnejo (7:24:31), José Manuel David Domínguez (7:50:00) e o portugués Hugo André Pires Araújo (8:04:11).
Feminino: Zulima Carrion Flores (10:55:44).

Maratón:
Masculino: David Rodríguez Gil (4:32:03), Manuel Enrique Fernández Fernández (4:40:43) e Francisco José González Varela (4:46:00).
Feminino: Aroa Sío (5:05:42), Belén Rodríguez Vidal (6:30:40) e Mila Rojo Lecuona (6:32:47).

Trail:
Masculino: o asturiano Jesús Álvarez Rodríguez (2:29:49), o catalán Enric Gómez (2:38:36) e o galego Víctor Maneiro Freire (2:45:00).
Feminino: Diana Domínguez Pereira (3:03:44), a catalana Paula Fábregats Valls (3:09:42) e Lucía López Palmeiro (3:30:00).

Minitrail:
Masculino: Javier Vila Porto (1:22:13), Darío Arias Costas (1:22:26) e Daniel Domínguez Domínguez (1:23:30).
Feminino: María Martínez González (1:38:55), Andrea Montero Trepat (1:44:51) e Reyes Bóveda (1:53:05).