Concello de Tui recibiu á piloto Leticia López e á copiloto María Martínez

Están a competir no campionato galego de Rally

Tui | Foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego no Open Donas. Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado, 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados.

Pola súa banda a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, amosoulles o seu recoñecemento pola súa valentía e coraxe e así como pola contribución que están a facer na visibilizacion das mulleres en deportes claramente masculinizados.