Concello da Cañiza subvenciona a 13 entidades deportivas

Cun orzamento total de 14.030 euros

A Cañiza | O Concello da Cañiza subvencionou con un total de 14.030,00 €uros ás asociacións culturais e clubes deportivos do Municipio que o solicitaron e que presentaron toda a documentación ao abeiro da ordenanza que regula a concesión de axudas destinadas ao fomento de actividades culturais e deportivas.

Un total de 13 entidades da Cañiza que segundo manifestou o Alcalde esta maña “son unha parte fundamental do noso entramado social porque a posta en marcha das súas actividades melloran a convivencia, contribúen ao desenvolvemento social e inclusivo de todos os nosos veciños, e no caso dos clubes deportivos, fomentan a práctica de distintas disciplinas, aproveitando o tempo libre e impulsando programas de interese para todos”.

Coas axudas concedidas preténdese tamén intensificar a promoción do Concello por parte dos subvencionados, de xeito que, entre todos, poidamos continuar reforzando a marca Cañiza e todos os nosos activos e potencialidades turísticas e económicas. Un traballo compartido en beneficio de todos.

Ademáis destas axudas, dende o Concello colaboramos con todas estas entidades para que poidan desenvolver gratuitamente as súas actividades nos centros e instalacións municipais sen  pagar ningunha taxa polo uso dos mesmos.

O Alcalde Luis Piña tamén avanzou que nos vindeiros meses sairán publicadas novamente as axudas correspondentes á anualidade 2023, nos prazos que establece a ordenanza vixente e que dispón que a presentación de solicitudes exténdese dende a publicación no BOP, entre os meses de marzo e abril ata o 30 de xuño.

Nun exercizo de transparencia, o Concello publica as subvencións concedidas ás asociacións culturais e clubes deportivos da Cañiza, abonadas a finais de 2022.

ANPA O Chusquiño – Valeixe: 300€
Asociación Cultural Santa Cristina de Valeixe: 1200€
Asociación Cultural Asculca: 300€
Asociación Deportiva Valeixe FS: 250€
Asociación Furafollas: 500€
Asociación Pensionistas y Jubilados Santa Teresa: 1200€

Asociación Reviravoltas: 500€
Asociación Sobre Rodas: 500€
Club de Fútbol Cañiza: 5000€
Coral Polifónica de A Cañiza: 2880€
Grupetta Pan de Zarko: 500€
Motoclub Tumbada Ás 4:  400€
Sociedade de Caza A Cañiza: 500€