BNG Ourense denuncia que a carreira do San Martiño perde o seu carácter popular

Acusa ao Alcalde e ao PP de converter unha carreira popular en "profesional"
A carreira será o domingo día 14 de novembro.

Ourense | O grupo municipal do BNG no Concello de Ourense denuncia que o actual alcalde, en complicidade co PP, continúa coa súa folla de ruta no que a desmantelamento de servizos e actividades se refire.

Desta volta, o BNG denuncia quer a Carreira Popular do San Martiño perderá nesta edición precisamente o carácter de popular, xa que o alcalde está obsesionado con convertela nun evento cheo de profesionais do atletismo para maior gloria persoal.

A Popular do San Martiño, lembra a concelleira Rhut Reza, “é un referente a nivel galego, superando nos anos previos á pandemia os 11.000 participantes”.

Rhut Reza, concelleira do BNG de Ourense.

Engade, “un evento marcado en vermello por moitos ourensáns e por persoas do resto do país que transformaban as rúas de Ourense nunha auténtica festa, evento que involucraba á rapazada a través dos centros educativos, e que conta con grandes profesionais na súa organización”.

A carreira perderá este ano o seu carácter popular e no BNG moito temen que sexa o primeiro paso do actual alcalde para transformala e convertela “nunha mera pasarela de profesionais e famosos que acaparen o protagonismo da mesma”.

“Os protagonistas da Popular do San Martiño son as nais e os pais, as nenas e os nenos, os grupos de amigos e mesmo os que deciden participar individualmente e desfrutar dunha xornada de convivencia e deporte”.

Os nacionalistas censuran tamén o silencio cómplice do PP, quen pese a ostentar as competencias en materia de deporte, “mira cara outro lado e está a permitir que a carreira sexa desvirtuada”.

Desde o grupo municipal do BNG no Concello de Ourense censuran tamén as acusación e comentarios claramente machistas do alcalde contra Adrián Ben ao declinar o viveirense participar no evento.