ACiP: “Concello deixou aos 50 clubes deportivos sen a subvención de 2022”

O orzamento fixaba unha partida de 75.000€

Ponteareas/ACiP | O 16 de decembro o Concello de Ponteareas remítelle a todos os clubs da localidade un mail, no que se incluía un borrador coas bases para optar as subvencións deportivas do ano 2022. Como acostumou durante toda a lexislatura, a falta de planificación do BNG é unha constante, convocando todo tipo de axudas sobre a bocina.

Neste caso, a situación pasa a ser todavía máis deleznable, xa que rematou o ano e o goberno nin tan sequera chegou a publicar esas bases, o que supón que os clubes deportivos non puideron ingresar a parte correspondente dos 75.000€, partida que estaban definida no presuposto.

Este caso é a mostra definitiva da incapacidade que a concellería de Deportes mostrou nestes catro anos. Baixo a dirección política do concelleiro do Bloque Nacionalista Galego, Miguel Bouzo, vivíronse situacións surrealistas como programar partidos e ter que suspendelos por non abrir o pavillón, pero neste caso traspasáronse todos os límites, xa que fai que eses cartos xa non poidan chegar os clubes, a pesar das imperantes necesidades, agravadas tras os anos da pandemia.

O veciño Concello de Porriño, conta cunha partida para clubes e eventos deportivos que alcanza os 600.000€, oito veces maior a que nin tan sequera destinou Ponteareas. Este dato delata o goberno da Sra. Fernández, ao que do deporte só lle preocupa o horario ao que deben acudir para sacar a foto.

Como indica, con gran indignación, o portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera: “Isto é unha auténtica tomadura de pelo ás entidades deportivas da nosa cidade, que están traballando sen descanso para por a nosa cidade no máis alto de cada disciplina”. A isto engade que, “esixímoslle responsabilidades o goberno nos catro meses que lles restan de andadura, sendo conscientes de que a alcaldesa non solicitará as dimisións correspondentes, co que esiximos que convoquen inmediatamente as bases de 2023 e incrementen a partida correspondente cos 75.000€ que esconderon no peto”.

Dende ACiP existe un compromiso total co deporte, o que nos gustaría dar un cambio total se o próximos 28 de maio os cidadáns nos respaldan para gobernar. Queremos mostrar o noso agradecemento a todas as directivas da cidade, que na súa maioría formadas por pais e nais, que sacrifican o seu tempo para os cativos poidan practicar un deporte e nin tan sequera poden contar cunha escasa axuda municipal.