A VI Media Maratón Cidade de Lugo cun milleiro de participantes

“Este evento, xunto coa disputa do campionato do Mundo de motocrós, farán que Lugo sexa capital do deporte”

Lugo | Os edís de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, e Cohesión Social e Territorial, Ana Abelleira, participaron presentaron a sexta edición da media maratón Cidade de Lugo, que terá lugar o vindeiro domingo, 12 de maio, organizada polo xornal El Progreso, coa colaboración do Concello.

O evento deportivo contará con dúas modalidades, unha proba de 10 quilómetros, e outra de 21, con saída e meta ambas na Praza Horta do Seminario.

Jorge Bustos explicou que se trata “dunha cita xa consolidada na nosa cidade, cunha gran acollida, pois cada ano reúne a centenares de participantes, e ademais supón unha magnífica oportunidade para que deportistas que veñen doutras localidades poidan coñecer e disfrutar do noso municipio ao desenvolverse a proba nunha contorna privilexiada”.

Neste senso, o edil destacou “o apoio do Concello de Lugo a esta cita, ao longo das súas seis edicións, un evento que, xunto coa disputa do campionato do Mundo de motocrós este fin de semana, farán que Lugo sexa epicentro e capital do deporte, reunindo a un importante número de visitantes na nosa cidade, coa repercusion económica que isto conleva para os negocios e establecementos locais”.

“A día de hoxe xa son 960 as persoas inscritas para participar o domingo, 618 na media maratón e 342 na modalidade de 10k”, subliñou Bustos. Toda a información atópase na web oficial: www.mmcidadelugo.com Ás 10:00 horas terá lugar a saída da 10k e ás 10:15 horas a saída da media maratón.

A proba estará controlada por CCNORTE e dispoñerá varios controis de paso tanto en puntos estratéxicos como en puntos quilométricos para o correcto control dos participantes.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.