A primeira Ruta BTT de A Peroxa celebrarase o día 9 de xuño

Está organizada polos veciños con axudas institucionais

A Peroxa | O día 9 de xuño celebrarase na Peroxa a primeira Ruta BTT. As inscricións para estarán abertas ata o 4 de xuño, uns días antes de que teña lugar o evento deportivo, que terá como punto de partida e chegada a Praza do Concello de A Peroxa, con saída ás 09:00h.

No evento, organizado polos veciños de A Peroxa integrantes de B.T.F. Vente O Lado Oscuro, colaboran o Concello de A Peroxa, Deputación de Ourense, Inorde, Singletrack Galicia, Liga da Moto de Campo e Moto Clube A Peroxa.

Os interesados poden rexistrarse pagando os 16 euros de dorsal a través da páxina web www.ligadamoto.com, onde poderán elixir entre a ruta curta de 30km (dificultade media) ou a ruta longa de 40km (dificultade media alta). Ambas rutas recorren soutos e carballeiras, característicos do municipio e da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel, na que se inclúe A Peroxa.

Os dorsais poderánse recoller media hora antes da saída e o evento estará amenizado con música, pinchos ao remate, camisetas personalizadas e sorteos. Manuel Seoane, alcalde da Peroxa, na foto con veciños organizadores.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.