A ponteareá Melania Rodríguez, bronce no Campionato do Mundo de trampolín

Celebrado en Bakú (Acerbaixán)
Melania Rodríguez, de tan só 20 anos, acaba de participar en dúas finais do Campionato do Mundo de ximnasia de trampolín que se celebrou en Bakú (Acerbaixán).

Ponteareas | A ponteareá Melania Rodríguez continúa a escribir a súa historia no mundo da ximnasia. A deportista, de tan só 20 anos, acaba de participar en dúas finais do Campionato do Mundo de ximnasia de trampolín que se celebrou en Bakú (Acerbaixán), logrando o bronce na especialidade de dobre minitramp.

A deportista obtivo a terceira mellor puntuación, 69.600 puntos, por detrás da sueca Lina Sjoeberg (70.900).

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere “dar os parabéns a Melania e ao seu equipo por estes magníficos resultados”, e afirma que “a deportista é un marabilloso exemplo de superación, esforzo e constancia para todos os mozos e mozas que queren triunfar no deporte no noso concello”.

A deportista obtivo a terceira mellor puntuación, 69.600 puntos, por detrás da sueca Lina Sjoeberg (70.900), que logrou o seu terceiro mundial consecutivo, e a estadounidense Shelby Nobuhara (70.000). Un resultado que reforza as súas posibilidades para participar nos Xogos Olímpicos de París do 2024. “Con estes resultados Melania únese a longa lista de deportistas de éxito estatal cos que conta Ponteareas”, destaca Bouzó.

Logrou o bronce na especialidade de dobre minitramp.

Con só 20 anos, ademais destas dúas finais, Melania Rodríguez ten no seu palmarés, entre moitos éxitos, un podio no Campionato do Mundo de ximnasia no 2018 e dous títulos europeos júnior consecutivos. Unha carreira chea de éxitos, malia as lesións. No ano 2019 sufriu unha fractura no metatarsiano, e despois un accidente de tráfico que lle impediron participar en tres das copas do mundo que se celebraron, fundamentais para clasificarse para os Xogos Olímpicos de Tokio.