A ponteareá Iria Lemos, bronce na Copa de España de natación en augas abertas

Na Mediterranean Open Water Swimming Cup de Chipre
O Club Natación Ponteareas alcanzou logros importantes no Mediterranean Open Water Swimming Cup de Chipre.

Ponteareas | O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do goberno local a Iria Lemos, do Club Natación Ponteareas, que vén de completar unha intensa e brillante semana na que acadou importantes logros tanto para a natación ponteareá como para a española.

A deportista comezaba esta boa racha en Málaga conseguindo medalla de bronce nos 5km na categoría infantil na etapa final da Copa de España de augas abertas.

A semana remataba competindo como parte do equipo español de natación de augas abertas na Mediterranean Open Water Swimming Cup na localidade chipriota de Larnaca, onde o equipo acadou a primeira posición feminina conxunta. Lemos quedou en quinta posición despois dunha proba de 5km moi disputada.

Iria Lemos, medalla de bronce na Copa de España.

Estes resultados reflicte “o enorme traballo que fan cada día as nadadoras e nadadores do club ponteareán nos adestramentos. Parabéns a Iria Lemos a todo o ao club, que está a desenvolver un gran traballo na formación de novos valores deportistas”.