A mosense Noa Costas, Campioa de España Infantil de Xadrez coa Selección Galega

O seu compañeiro no Club Xadrez Mos, Xabi Pérez, logrou un 6º posto en cadetes

Mos | O concelleiro de Deportes, José Areal, e o tamén edil mosense, Baldomero Lorenzo, felicitaron esta mañá aos xadrecistas mosenses do Club Xadrez Mos, Noa Costas Senlle (CAMPIOA DE ESPAÑA) e Xabier Pérez Sousa (6º POSTO).

O pasado mes de xuño Noa e Xabi participaron en Cantabria no CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS formando parte da Selección Galega.

Os galegos erixíronse Campións de España en categoría Infantil e, con eles, Noa Costas; e lograron un nada desprezable 6° posto en categoría cadete, da que forma parte Xabier Pérez.

Os representantes municipais, Areal e Lorenzo, trasladáronlles aos deportistas que “é todo un orgullo ver como os nosos xadrecistas do Club Xadrez Mos forman parte de la Selección Galega e ademáis traendo para Mos tan bos resultados”.