Resultados da búsqueda para: deputacion de pontevedra

Deputación de Pontevedra pide a transferencia de competencias á Xunta da Escola de Cantería

Pontevedra | “Que non enganen á xente. Nunca haberá un título de FP para a Escola de Cantería se non se reclama e se defende a transferencia do centro á Xunta de Galicia”, asegurou a deputada provincial Noemí Outeda referíndose ás últimas demandas formuladas polo PP a nivel estatal. A responsable da Escola de Cantería, que deu “a benvida á preocupación que ultimamente están a ter pola escola”, recordou que “a educación é competencia exclusiva das Comunidades Autónomas” e manifestou botar en falta “que as e os señores do PP non presenten iniciativas no Parlamento Galego esixindo a transferencia do centro” á Xunta de Galicia. A deputada provincial asegurou non entender “como agora entran as presas para que haxa un novo título de FP cando entre 2011 e 2018 había…
Leer máis

Deputación de Pontevedra aprobará o II Plan Estratéxico Provincial de Turismo

Pontevedra | O goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres o II Plan Estratéxico Provincial de Turismo tras ser validado pola Mesa de Turismo celebrada hoxe. Trátase dun documento marco, de máis de 280 páxinas, que representa a folla de ruta da xestión turística da provincia para os vindeiros tres anos, no que se asentan as bases para a reactivación do sector turístico no destino Rías Baixas e que ten prevista a mobilización de en torno aos 20 millóns de euros. A grande meta do II Plan Estratéxico de Turismo será a consolidación da provincia como territorio turístico intelixente aliñado coa Axenda 2030, mediante grandes eixos como a promoción e a comunicación, a oferta turística e a competitividade. Trátase de potenciar o turismo como medio para mellorar a…
Leer máis

Deputación de Pontevedra acada acreditación de calidade “Erasmus” para a Formación Profesional

Pontevedra | A Deputación de Pontevedra acaba de ser recoñecida cunha Acreditación Erasmus no ámbito da educación na Formación Profesional, que concede Erasmus+ da Unión Europea e que facilita ter acceso simplificado ás oportunidades de financiamento deste programa de mobilidade desde este ano e ata 2027, de xeito que permitirá á institución provincial seguir avanzando no seu proxecto “Practicum Depo” coa posibilidade de establecer unha estratexia propia a largo prazo. A institución é unha das 370 entidades beneficiarias desta acreditación de alta calidade, á que se presentaron un total de 879 candidaturas, a maioría procedentes de España. E logrouna cunha alta puntuación de 83 puntos sobre un total de 100, converténdose nunha das 25 entidades locais públicas que a acadaron. "A institución é unha das 370 entidades beneficiarias desta acreditación…
Leer máis

Deputación de Pontevedra recibe 2,1 millóns€ para proxectos de desenvolvemento urbano sostible

Pontevedra | A presidenta Carmela Silva mostrou hoxe a súa satisfacción polas “boas novas chegadas de Europa” tras confirmarse a concesión de máis de 2,1 millóns de euros do IDAE para financiar dous proxectos provinciais centrados na mellora da eficiencia enerxética e a mobilidade sustentable da Deputación, no modelo de desenvolvemento urbano, transición verde e na redución das emisións de dióxido de carbono. “Anunciamos na presentación dos orzamentos que íamos traballar para acadar recursos de fondos europeos a fin de promover a transición ecolóxica na provincia, recordou a presidenta da Deputación. Pois aquí están, chegan os primeiros e estamos convencidas de que chegarán moitos máis”. "A través destes novos recursos europeos a Deputación estenderá a iluminación exterior sostible e eficiencia enerxética aos concellos de Portas, Valga, Vilanova e Vilagarcía de…
Leer máis

Deputación de Pontevedra pon en marcha a primeira fase da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián

Pontevedra | A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a primeira fase das esperadas obras de mellora da mobilidade peonil na EP-3303 Tabagón-Goián, que une O Rosal con Tomiño, que contan cun orzamento de preto de 650.000 euros e cun prazo de execución de dez meses. O proxecto está enmarcado no modelo de mobilidade sostible, amable e segura que se está a levar a cabo nas estradas provinciais. A primeira fase de actuación levarase a cabo nun treito de case dous quilómetros entre Tabagón e As Eiras, coa que, como explicou a presidenta provincial, Carmela Silva, “vaise reconverter de xeito integral a estrada, para darlle prioridade aos peóns/as” amais de dar solucións aos problemas existentes e satisfacer as necesidades da propia estrada, mellorando a rede viaria,…
Leer máis

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!