Resultados da búsqueda para: aldea global

BRICS+ vs OTAN/G7: un novo equilibrio global?

Occidente está atrapado nostalxicamente con políticas de 'contención' obsoletas, esta vez contra a integración do Sur Global. Unha rémora da política de contención de Winston Churchill, hoxe co 'tecnofeudalismo' fabricado por Occidente a través do G7 e a OTAN. O exemplo máis recente e significativo desta integración do Sur Global foi a presentación de BRICS+ no cumio online da semana pasada organizada por China. Nos cinco interlocutores dos BRICS históricos (Brasil, Rusia, India, China, Sudáfrica) atopamos un microcosmos do Sur Global, que abarca o Sueste Asiático, Asia Central, Asia Occidental, África e América do Sur. En Beijing abordouse un dos temas clave que os BRICS discute desde a década do 2000: o deseño e implementación dunha moeda de reserva internacional. Para 2030, unha cuarta parte da demanda de petróleo do…
Leer máis

A era das ‘autocracias’: gobernan máis do 70% da poboación mundial

Aldea Global | Baixo o nome “O cambio de natureza da Autocratización”, o Instituto de Investigación V-Dem da Universidade de Gotemburgo (Suecia) vén de publicar o seu Informe sobre a Democracia 2022 onde traza un panorama desolador: un notorio declive global da cidadanía no relativo ao apoio á democracia liberal, descendendo a niveis de 1989. Segundo o informe de V-Dem, máis do 70% da poboación mundial (5.400 millóns de persoas) vive baixo ditaduras ou réximes ‘autocratizantes’, concibidos estes como aqueles que desprezan os mecanismos de equilibrio dos poderes públicos e a pluralidade política. Lonxe de aumentar, a mobilización democrática e popular mantense en niveis baixos. O informe alerta de que “o mundo enfróntase a unha guerra en Europa, a un aumento das tensións na rexión de Asia Oriental e o…
Leer máis

Alfombristas de Ponteareas e Torrelaguna homenaxean á Virxe da Almudena

Aldea Global | Un total de 24 alfombristas de  PONTEAREAS e 4 de TORRELAGUNA  Confeccionaron desde as 5:30 da mañá unha alfombra de 80 m² para a virxe da Almudena diante do palacio Real e a pesar das inclemencias meteorolóxicas estaba cagada para cando chegou a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso que agradeceu e felicitou o traballo realizado o nome do pobo de Madrid tamén se achegou a ver a alfombra a vicealcaldesa de Madrid Begoña Villacis que tamén quedou gratamente sorprendida. O deseño da alfombra esta inspirado na cúpula da Catedral, e do mesmo xeito que os debuxos de Luís Galicia, en cada esquina reprodúcese un dos catro elementos, terra, aire, auga e lume. O motivo central da alfombra é a imaxe de Santa María a Real, debuxo…
Leer máis

Conferencia do BNG ante a Eurocámara sobre o 20º aniversario do Prestige

Aldea Global/BNG | O Parlamento Europeo acollerá o vindeiro 16 de novembro a conferencia “20 anos do accidente do Prestige: análise da seguridade marítima en Europa”, organizada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. “Queremos analizar que pasos se deron na mellora da seguridade marítima nestes vinte anos e que medidas faltan aínda por tomar para evitar outra catástrofe como a do Prestige”, explica a eurodeputada nacionalista, xa que considera que a xestión levada a cabo polo PP foi un “auténtico desastre”. A conferencia, que será inaugurada pola eurodeputada Karima Delli, presidenta da Comisión de Transporte do Parlamento Europeo, analizará o accidente do Prestige e as súas consecuencias na costa galega. Estes efectos en Galiza serán tratados na primeira parte da conferencia, que contará coa participación do xornalista Xosé Manuel Pereiro,…
Leer máis

Ana Miranda critica a visita de Feijóo a Uruguai

Aldea Global | A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, critica que o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, viaxe esta fin de semana a Uruguai, -onde manterá un encontro no Centro Gallego de Montevideo-, tras o seu total desinterese pola pervivencia da Casa de Galicia, que sufriu o desmantelamento do seu patrimonio sociosanitario e cultural nos últimos, patrimonio levantado por emigrantes galegos hai máis dun século. “Estamos diante dun caso máis do cinismo de Feijóo, que non moveu un dedo para garantir o mantemento do patrimonio da Casa de Galicia de Montevideo nin se interesou polos colectivos afectados polo seu desmantelamento”, manifesta Ana Miranda. A eurodeputada nacionalista o pasado mes de marzo visitou as instalacións da Casa de Galicia e mantivo diversos encontros cos colectivos de afectados, tanto usuarios como…
Leer máis