Ponteareas/BNG | A deputada no Parlamento Galego e líder do BNG en Ponteareas, Cristina Fernández Davila, mantivo un encontro con membros da Federación de ANPAS do Condado co obxectivo de actualizar o estado das necesidades da comunidade educativa. Fernández Davila sinalou que “en Ponteareas e no conxunto da comarca a situación non mudou substancialmente dende o inicio de curso. O alumnado con necesidades educativas específicas continúa sen contar con suficiente profesorado especialista, e a Xunta segue sen acometer as obras necesarias para a rehabilitación dos centros educativos”. No encontro mantido cos representantes das familias, tamén abordaron outras demandas, como aumento do profesorado para reducir as ratios nos centros educativos, a necesidade de completar os cadros docentes, o reforzo dos departamentos de Orientación e un maior apoio e seguimento ao alumnado…
O Porriño/BNG | A continuación reproducimos íntegramente a nota publicada polo BNG do Porriño co respecto á situación no Centro de Saúde: “O Centro de Saúde do Porriño viviu varias xornadas sen persoal médico polas tardes. Esta situación provocou que a oposición, en bloque, lle solicitase ó goberno local a necesidade de esixirlle á Xunta de Galicia máis persoal médico. O goberno de Alejandro Lorenzo bloqueou calquera posibilidade de esixirlle á Xunta de Galicia máis recursos. O BNG e mais o PSdeG-PSOE do Porriño, dándolle voz á Plataforma SOS Sanidade Pública da Louriña, presentaron por urxencia unha moción no pleno municipal para solicitarlle á Xunta de Galicia un reforzo de persoal médico que asegure a atención en horario de tarde. Dos 6 profesionais médicos que lle corresponden para o horario…
Ourense | Apenas dúas horas antes da súa celebración, o goberno municipal do Concello de Ourense convocaba un pleno extraordinario este mesmo sábado co obxecto de levantar unha serie de reparos suspensivos emitidos pola Intervención Xeral ás facturas correspondentes a diversas certificacións de obras actualmente en execución e con afectación de fondos Next Generation, como poden ser o elevador da avenida de Marín, o aparcadoiro en Coto de Canedo ou as reformas da avenida de Portugal e da rúa Alejandro Pedrosa. Un feito non menor é que as mesmas deberan terse abonado antes do 30 de decembro de 2025 para garantir dito cofinanciamento, algo que ao non facerse, fai que ditas aportacións estean xa perdidas. O concelleiro Xosé Manuel Puga sinala que a convocatoria “demostra o terrible descontrol que hai…
Salceda de Caselas | Durante o pleno municipal celebrado o 29 de xaneiro, o BNG de Salceda adoptou a súa abstención na votación para a aprobación inicial dos Orzamentos 2026, considerando a necesidade dun “mellor estudo” dos mesmos e criticando a “apurada tramitación” e a “presa repentina” por parte do goberno municipal, o que “facía imposible unha visión global a respecto do orzamentos para o Municipio”. Indicaron os nacionalistas salcedenses que a Alcaldesa Loli Castiñeira xa tiña constancia con anterioridade desta abstención do BNG, o cal impedía a aprobación por maioría destes orzamentos. Así, o BNG sinalou que non van dar “carta branca” para aprobar baixo o criterio do goberno municipal. Entre as razóns desta abstención destacan que aínda quedan “cargas de 2025” en materia de “facturas pendentes de pago…
Cadernos da viaxe. A Unión Europea (UE) adoita ser acedamente criticada-con toda a razón-polo seu evidente déficit democrático, pois que as decisións lexislativas son adoptadas, en grande medida, polos gobernos dos Estados Membros (EM) no Consello Europeo, que tamén elixen ás persoas que integran a Comisión Europea, que constitúe o Executivo da UE. En realidade o Consello Europeo codecide na lexislación co Parlamento Europeo (PE) que é o representante do conxunto da cidadanía europea. En calquera caso, estamos lonxe dunha Europa dos pobos e nacións (no canto da actual Europa dos Estados) e da cidadanía. Mais constitúen vantaxes da arquitectura constitucional europea tanto a relevancia do Dereito na mesma, aplicado por un sistema xudicial que ten o seu cumio no Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) como o sistema…