Salceda de Caselas | A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de Salceda de Caselas acolle dende o martes 24 ata o sábado 28 de abril a exposición “Galicia biodiversidade”, que fai un percorrido pola riqueza da fauna e a flora en Galiza. Con motivo da exposición organizáronse visitas escolares do CRA Raíña Aragonta, o CEP Altamira e o IES Pedras Rubias, grazas ás cales os rapaces e rapazas puideron coñecer moitos dos segredos que esconde Galiza a través dunha monitora que lles foi explicando os diversos espazos en función das idades de cada unha das visitas.
Cándido Lorenzo, Concelleiro de Medio Ambente, e Teresa Pérez, Concelleira de Educación, destacaron a importancia de este tipo de exposicións que nos dan a coñecer unha realidade ás veces moi cercana pero descoñecida para moita xente. Así mesmo, destacaron a importancia das visitas escolares que se organizaron con motivo da exposición, resultando fundamental a concienciación dende os máis pequenos para unha mellor conservación do medio.