• Segue conectado
  • |

Yolanda Castaño presentou o seu novo espectaculo audiovisual en O Porriño

O Porriño | Yolanda Castaño, sen dúbida un dos rostros máis coñecidos da poesía galega, trouxo este martes o seu novo espectáculo audiovisual á Biblioteca Municipal do Porriño. Castaño, que foi recibida pola alcaldesa, Eva García de la Torre, amosou o seu espectáculo, que abrangue un xeito máis moderno e fresco de comunicar os seus versos, facendo que o público dialogue coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías.

Os asistentes, alumnas e alumnos do IES Pino Manso, puideron participar desta moderna posta en escena, capaz de conectar mesmo con públicos pouco versados no xénero poético, a través dun recitado de textos acompañado pola proxección de breves videopoemas e bases musicais.

castaño

 

Yolanda Castaño é unha das poetisas actuais en galego máis relevantes: máis de vinte anos publicando, e recibindo premios como o Fermín Bouza Brey, o Johán Carballeira de Poesía, o Premio da Crítica, ou o Premio Fundación NovaCaixaGalicia de Poesía.

Presentadora de televisión, crítica literaria en distintos medios, polifacética e multidisciplinar, e comprometida coa dinamización cultural que a levou a pór en práctica distintos proxectos innovadores ao redor da poesía e a expresión artística.

A actividade, organizada dentro do programa ‘Ler Conta Moito’ da Xunta de Galicia, forma parte das impulsadas pola Biblioteca Municipal e está dirixida principalmente á mocidade, idealmente para nenos e nenas de 4 a 14 anos.

Publicado o 21 Abr 2017 en Lingua, O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies