“Unha broma que rematou en algo moi serio”

Alfonso Pato | Director do Festival de Cans

Ves no horizonte lonxano a posibilidade de que o Festival de Cans poida ser apadriñado or algunha institución galega do mundo da creatividade e que con apoios institucionais poida asentarse dunha maneira definitiva e sen apuros cada ano?

Non o sei. O que teño claro é que se queremos garantir o futuro do Festival de Cans as institucións teñen que variar o seu modelo de axudas cara os festivais, e o noso festival mesmo tamén ten que mudar de modelo de xestión e administración. Por ambas partes se debe estudiar un paso cara unha medida profesionalización. Cada ano é un sinvivir. Remata unha edición e non sabemos nunca que vai pasar o seguinte ano. Nunca está asegurado o seguinte ano e por iso o modelo de axudas debería variar para garantir unha supervivencia de máis de un ano.

Falame de apoios: Concello, Deputación, Xunta de Galicia, patrocinadores privados….

Estamos moi satisfeitos co apoio que nos presta o Concello. Non se trata dunha cuestión económica senón a súa total predisposición a colaborar. Cans é un evento que toca transversalmente varios departamentos, que van desde a alcaldía, a seguridade, vías e obras ou educación. Traballamos coordinados con todos eses departamentos, temos reunións previas e todos buscamos que o festival saia o mellor posible. Os patrocinadores privados tamén son moi importantes, sobre todo o caso de Mahou, a Fundación Aisge ou Galicia Calidade.
No caso das outras institucións hai un modelo de axudas anuais de concurrencia competitiva que funciona decentemente coa Xunta no caso de Agadic, pero que é moi rácano e moi descompensado no caso Deputación de Pontevedra, que segue sen ver claramente que Cans é o evento cultural nun entorno rural máis relevante de Galicia. A Deputación de Pontevedra é a institución que menos aporta ó Festival de Cans, cando debería ser a primeira con diferencia.

Cal é a capacidade de financiación máxima que pode acadar o propio Festival?

O Festival de Cans non ten as axudas públicas como máximo obxectivo ou máxima referencia. Cans traballa duramente para xenerar recursos propios e para obter patrocinadores privados ós que lles resulte actractivo o festival. Os recursos propios que xenera o festival e os patrocinadores suman arredor do 70% do orzamento. Contrariamente a moitos festivais, en Cans a menor parte é a que sae das institucións públicas.

Cales foron as máis destacadas actuacións que se puideron contamplar nos distintos festivais?

Revisando os cartaces das últimas edicións, son un bo baremo para ver o crecimento que tivo o festival. Como foron pasando cineastas de enorme relevancia como Juanma Bajo Ulloa, Isabel Coixet, Fernando León ou José Luis Cuerda. Ou como no apartado musical, o festival foi gañando prestixio coa presenza de artistas que van de Siniestro Total a Aerolíneas Federales, pasando por Xoel López, Iván Ferreiro, Kiko Veneno, Coque Malla, León Benavente ou multitude de bandas galegas como Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos ou Radio Océano.

Que actuacións destacadas presenta o festival este ano para que os galegos visiten Cans nesta celebración?

Haberá coloquios moi interesantes con grandes cineastas, ata catro interensatísimas seccións de curtametraxes, estreas de tres longametraxes, unha sesión adicada ó desastre dos lumes, un concurso de videoclips e un gran espazo adicado as nenas e nenos e ás familias. Teremose arredor dunhas 25 actuacións musicais de estilos variados, que fan do rock á electrónica, pasando pola música tradicional, as bandas de música populares ou a electrocumbia. Desde Depedro a Esteban y Manuel, e desde Burning ata as pandereteiras das Tanxugueiras, e outras bandas como Familia Caamagno, Pardo, Monquoup ou Pantis, mesturado co sabor popular da Banda de música de Rubiós, as treboadas chegadas de Tomiño ou a música para os cativos de Magín Blanco

Nado en Xove. Redactor en medios online, gabinetes de prensa, campañas electorais e bolseiro en medios radiofónicos. Desenvolvemento de proxectos web municipais e posicionador SEO. Blogueiro, community manager e investigador.