Sabías que…?

Orixe ten o topónimo “Viladesuso”?
Pois nada ten que ver cun posible Xesús que fose dono desas terras… este “suso” vén do latín SURSUM e quere dicir arriba (quen non lembra aquel “Sursum Corda” (arriba os corazóns!). Deste xeito Viladesuso é o mesmo que Vila de Arriba, Vila de Cima, Aldea de Arriba… un orotopónimo que fai referencia á súa ubicación xeográfica, elevada sobre outras terras.

Veñen de publicar unha guía para evitar sermos sexistas coa lingua?
Podes descargalo gratis na web da USC, no apartado de normalización lingüística. Grazas a este manual poderás ter a habilidade de usar a linguaxe dunha forma máis respectuosa e lóxica.

A lingua sabe a pan?
Pódese preguntar no concello de Cea, no CPI Virxe da Saleta, onde montaron un videoclip sobre este tema. En tan só unhas horas xa fora visto por máis de 10.000 persoas, convertíndose nun éxito sen precedentes.
Podedes velo aqui

O inglés tamén foi “lingua B”?
Ou o que é o mesmo, lingua desprestixiada na Gran Bretaña, tivo os seus “Séculos Escuros” como tamén nós o tivemos. Pero foi recuperando paseniñamente o estatus de lingua prestixiada, como o é na actualidade.