• Segue conectado
  • |

Reunión informativa Plan Leader Galiza 2014-20 en Salvaterra

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño informa a todos os seus veciños e veciñas que o próximo venres 31 de marzo, no Salón de Plenos do Consistorio terá lugar unha reunión informativa sobre o PLAN LEADER .

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

No marco do PDR de Galicia 2014-2020 Agader vai tramitar a medida 19 Leader, esta actuación dá continuidade a programas Leader anteriores, ata consolidarse no período 2007-2013 coma o eixe 4 do PDR de Galicia.

O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “Procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural definisen no ámbito local do territorio, e as decisións sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por partenariados de axentes públicos e privados (na súa maioría privados por esixencia do Programa).

Para asegurar esa participación da sociedade rural constituíranse os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.

É por iso, que o Equipo Técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Condado Paradanta (GDR 13) vai celebrar reunións informativas polos Concellos da nosa Comarca. Nelas informaranse dos posibles beneficiarios destas axudas e cara a que tipo de actividades están destinadas.

A reunión a celebrar no Concello de SALVATERRA DE MIÑO, SERÁ O VENRES DÍA 31 DE MARZO ÁS 20.00 H NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO.

Publicado o 20 Mar 2017 en Salvaterra de Miño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies