Reunión do alcalde de tui co Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal

Tui | O Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibiu ao novo Director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia–Norte de Portugal (AECTGNP), Juan José Lirón Lago, para analizar o funcionamento neste primeiro mes da eurocidade Tui – Valença, constituída formalmente o pasado 10 de febreiro.
No decurso da xuntanza ambos responsables coincidiron en sinalar a importancia deste proxecto que poder aportar para ambas cidades o acceso a fondos europeos. Neste sentido analizaron a necesidade de abordar conxuntamente con Valença a elaboración de proxectos de mutuo interese para a Eurocidade de cara a preparar diversas candidaturas a programas europeos como, por exemplo, Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal (POCTEP) que no vindeiro ano abrirá un novo período de presentación de proxectos.
O director da Agrupación Territorial expresoulle ao alcalde a total dispoñibilidade desta agrupación para colaborar cos concellos de Tui e Valença neste aspecto. Neste ámbito trataron tamén da presentación en Bruxelas desta Eurocidade e as posibles áreas de mutua cooperación para abordar na capital da Unión Europea.
Para o Alcalde de Tui esta visita que realizaba o responsable de AECTGNP testemuña o interese que a conformación desta Eurocidade, que xa leva traballando conxuntamente dende hai varios anos con positivos resultados, suscita en numerosas instancia como exemplo de cooperación transfronteiriza entre administracións locais.