• Segue conectado
  • |

Primaveira cultural 2017 no Tomiño

A programación cultural de primavera comeza o día 1 de abril co III Encontro Minho-Galiza

Tomiño | Co mes de abril chega a programación cultural de primavera organizada polo Concello de Tomiño, coa colaboración da Deputación Provincial.

A primeira das propostas terá lugar o día 1 de abril, co III Encontro Minho-Galiza, un debate sobre a música galego-portuguesa e das palabras que transporta para a interculturalidade e a identidade da lingua, organizado pola Universidade do Minho (Braga) co apoio do Concello de Tomiño, Xunta de Galicia, Radio Municipal de Tui e Radio Universitaria do Minho.

Asemade, o mercado municipal acollerá tamén a partir do 1 de abril, a exposición “Os Espantallos ao Vento no Camiño”, na que participa unha vintena de artistas luso-galaicos. A mostra, con máis de 20 artistas galegos e portugueses, forma parte do proxecto “Retorno dos coidadores das hortas ao Camiño de Inverno”, do rosaleiro Manuel Estévez , e conta coa colaboración do artista tomiñés Basilio Calzado.

No mes de maio, Produccións Chévere, porá en escena “As fillas bravas”, e Teatro Lope de Vega levará ao auditorio de Goián, “Pai non hai máis que un”

O sábado 8 de marzo, haberá teatro con Producións Excéntricas e a súa obra “Os amores de Jaques o fatalista”. Será no Auditorio de Goián ás 22.00 horas. Entrada 5 euros, que se poderá adquirir na taquilla unha hora antes da función.

Teatro tamén o sábado 22 de marzo, con Avento Producións e “Como sobrevivir a unha apocalipse zombi”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 3 euros.

Seguindo coa programación cultural de primavera, Producións Chévere traerá “As fillas bravas”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 5 euros.

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a Carlos Casares, a Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto ás 12 do mediodía, e haberá obradoiros e venda de libros na Praza do Seixo.

O venres 19 de maio, Luis Bará presentará o seu libro “Non des a esquecemento”. Será no mercado municipal ás 21.00 horas.

Por último, o sábado 20 de maio, pechará a programación de primavera o Teatro Lope de Vega, con “Pai non hai máis que un”. Auditorio de Goián. 22.00 horas. Entrada 2 euros.

Publicado o 30 Mar 2017 en Axenda, Tomiño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies