• Segue conectado
  • |

Ponteareas celebrou o Día da Árbore con 500 escolares

Os escolares ponteareáns, acompañados do voluntariado medioambiental VOLTEA, realizaron no Regato da Venda distintas actividades encamiñadas á toma conciencia da importancia do medio natural que lles rodea.

Ponteareas | Alumnos e alumnas dos centros educativos de Ponteareas celebraron este luns, o Día da Árbore con distintas actividades deseñadas polas concellerías de Medio Ambiente e Ensino que xestionan, respectivamente, o alcalde Xosé Represas e a concelleira Cristina Fernández.

As actividades, encamiñadas á concienciación medioambiental dos escolares ponteareáns, desenvolvéronse no Regato da Venda dende as 10 horas e a elas asistiron preto de 500 alumnos distribuidos en tres quendas de mañán para os de primaria e de unha quenda de tarde para o alumnado da ESO.

 

Tal e como explicaba a concelleira de Ensino, Cristina Fernández, “primeiramente os voluntarios e voluntarias de ‘Voltea Condado’ informaron ao alumnado sobre os traballos que se desenvolveron para a recuperación do Regato da Venda para, posteriormente falarlles das medidas que se poden adoptar para non contaminar os canles ou das árbores e flora que compoñen as súas beiras, entre outros temas.

Posteriormente, procederon á plantación de máis de 100 árbores para zonas húmidas, unha actividade que non só se centrou na plantación sen si, senón que se lles explicou onde e porque se plantan, bautizando ás árbores.

A actividade contou coa colaboración da Comunidade de Montes de Xinzo que fixo doazón de árbores.

 

Tanto Cristina Fernández como Xosé Represas, salientan a importancia de desenvolver ese tipo de iniciativas “xa que a concienciación medioambiental e a posta en valor dos espazos naturais, debe ser algo que se inicie xa nos centros escolares”.

 

Publicado o 20 Mar 2017 en Ponteareas.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies