O Concello segue apostando pola formación cun novo curso para os desempregados

O Concello de Salceda a través das accións formativas para desempregados (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar, impartiu un curso de lingua de Signos Española no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón.
O curso levouse a cabo con 15 alumnos, seleccionados previamente pola Oficina de Emprego.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación, resalta que “este curso ademáis de formar para a integración no mercado laboral ten o fin de potenciar a integración na vida cotiá das persoas con discapacidade auditiva e/ou oral, especialmente”.
Posto que a Xunta concede poucas accións formativas, a concelleira tamén sinala que dende o seu departamento estase a traballar nun Plan de Formación Propio; a súa primeira acción, “Motivación emprendedora”, comezará o 29 de novembro.