O BNG do Porriño califica de desastre a subida do paro no mes de decembro no Porriño.

O alcalde e o concelleiro de emprego deben abandonar as políticas de engano e propaganda e elaborar un plan de emprego eficaz para o ano 2012.
O grupo municipal do BNG valorou como moi grave a subida de 82 persoas no paro rexistrado nos servizos públicos de emprego no mes de decembro no Porriño e que supoñen que ao longo do ano 2011 o paro aumentou no concello en 315 persoas dende o mes de xaneiro.
Pese ás políticas de autobombo e propaganda do goberno local de Nelson Santos, o paro medra no Porriño en cómputos anuais no mes de decembro por enriba das porcentaxes dos concellos da rotonda e demostra que non se están aplicando políticas adecuadas ao grave problema prantexado. “Si hai un mes o goberno local do PP vinculaba o éxito das súas políticas á baixada en dúas persoas no paro rexistrado no Porriño, imaxinamos que agora, cunha subida de 82 peroas no mes de decembro, terá que estar pensando que esas políticas non están ben encamiñadas e hai que dar un necesario cambio de timón nas mesmas” manifestou Mónica Bugarín, concelleira para asuntos de emprego no grupo municipal do BNG.
O BNG está moi preocupado polo aumento do paro no mes decembro e ao longo do ano pero sigue mantendo que é necesario o consenso de todos os grupos políticos e axentes sociais para conseguir o éxito perseguido. “Sabemos que o goberno de Santos fracasou pero non podemos alegrarnos deste fracaso”, manifestou Mónica Bugarín “ nos seguimos tendendo a man de apoio e deixando claro que estamos por axudar nesta tarefa como pide a maioría social do vecindario”.
O BNG leva reclamando tres accións básicas ao grupo de goberno na loita contra o paro:
1ª.- A igualdade e transparecencia no acceso de todas as persoas á contratación e á formación mellorando os métodos de selección e de acceso á información das ofertas que se realizan.
2ª.- Elaboración dun novo plan de emprego que estea baseado nun estudio real da situación laboral no concello e evite dar paus de cego nas accións necesarias de cara á inserción laboral.
3ª.- Convertir ao propio concello nun motor de xeneración de emprego cun plan de investimentos realizable e que cree postos de traballo.
Polo de agora o goberno de Nelson Santos non quixo comprometerse con estas condicións necesarias e no Porriño hai máis amiguismo e improvisación que xustiza e eficacia nas plíticas de emprego. Tampouco axuda nesta dificil situación que dos investimentos previstos nos orzamentos do ano 2011 só se teña realizada unha porcentaxe que non chega ao 20%, pois si non hai obra pública dificilmente vai a haber creación de emprego cando o sector privado está claramente en horas baixas.
“O concello debe ser exemplo e motor na creación de emprego e desgraciadamente o goberno está paralizado en canto a obra pública se refire. Namentras, o pouco movemento que hai se adxudica ao entorno próximo do alcalde e o grupo de goberno con contratos a dedo e saltándose a legalidade que mesmo están informados desfavorablemente polos servizos de intervención e secretaría do concello”, concluiu Mónica Bugarín. “É necesario empezar a actuar doutro xeito e hai que facelo xa porque a situación é grave e non admite esperas”.