• Segue conectado
  • |

Muxía Rural, destino slow

Madrid | A Asociación Muxía Turismo Rural (A Coruña) presentou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a campaña de promoción turística “Muxía rural, destino slow” coa que os membros da Asociación queren ofrecer ao rural de Muxía como destino “slow” coincidindo con que Nacións Unidas decidiu que 2017 sexa o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento.

 

No acto interviñeron o presidente de Muxía Turismo Rural, Jesús Trillo Grille, o presidente de Slow Food Madrid, Juan José Burgos¸ a directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia; Carmen Pita¸ o alcalde de Muxía, Félix Porto Serantes; e pola Casa de Galicia fíxoo as coordinadora Actividades Económicas, Ana Rodríguez, en representación do delegado da Xunta e director da Casa, José Ramón Ónega López. Entre os asistentes ao acto achábanse o vicepresidente e a secretaria de Muxía Turismo Rural, Manuel Jesús Lema Caamaño e María del Carmen Leis Calo, respectivamente, os alcaldes da Laracha, José Manuel López Varela, e Malpica, Eduardo J. Parga, o deputado provincial Xosé Regueira, o presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Cesáreo Pardal, e o presidente da Federación de Empresarios Costa da Morte, José Gabín.

Ofrece a Muxía como destino “slow” coincidindo con que Nacións Unidas nomeou a 2017 “Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento”

Rodríguez deu a benvida aos asistentes e participantes na presentación e lembrou que, apoiando a iniciativa de Nacións Unidas, a Feira Internacional do Turismo (FITUR) que se celebra estes días en Madrid “fixo da sustentabilidade do turismo o seu ´leit motiv´”. “Esta campaña de ´Muxía rural, destino slow´, acomódase perfectamente a este obxectivo pois nesta vila da Costa da Morte podemos atopar os tres ingredientes do turismo sustentable: a protección da natureza e a correcta xestión dos recursos naturais, o respecto á cultura e as tradicións, todo iso situado nunha contorna de lecer”.

Trillo afirmou que “a sustentabilidade é o elemento transversal do noso modelo de xestión”, resaltou o labor das mulleres na asociación e mantivo que “a actividade turística de Muxía, vinculada de maneira indiscutible ao turismo rural, consegue xerar emprego continuado ao longo de todo o ano, ademais de fixar poboación” nunha zona de emigración. “O ADN da gastronomía tradicional galega leva impresa a palabra calma, ou se o prefiren en inglés, ´slow´, e por suposto que na nosa conciencia tamén. Por iso entendemos que unha redistribución equitativa da riqueza só é posible comprando a pequenos produtores locais, adquirimos alimentos ecolóxicos, respectamos aos nosos animais, á nosa terra e os seus ritmos e queremos preservar a nosa cultura a través da súa nosa gastronomía”, explicou.

Pita declarou que “o turismo rural é fundamental en Galicia e traballamos para darlle unha dimensión cada vez máis ampla”, lembrou que Turismo de Galicia ten unha Orde de axudas específica para o desenvolvemento do turismo rural e mantivo que “sustentabilidade é calidade e en Galicia apostamos por un turismo de calidade, por iso desenvolveremos máis accións neste sentido”. “Á conta de Morte é un dos destinos máis meritorios de turismo rural e un exemplo no seu desenvolvemento para outros territorios”, afirmou.

 

Burgos valorou moi positivamente a iniciativa, da que considerou que “sen dúbida achegará a persoas que pola súa forma de pensar terán un vínculo emocional co lugar que visitan”. “Facer referencia ao concepto ´slow food´ vai máis aló do alimento e enfócase nunha forma de entender aspectos moi relevantes da sociedade. Co enfoque ´slow´ respéctase a orixe, a autenticidade e a tradición e valórase o que se recibe na súa xusta medida. Aplicada esta filosofía atopámonos que Muxía e a súa contorna devólvenos todo aquilo que esperamos. As súas terras, as súas xentes e os seus mares achégannos todos eses valores de forma moi intensa”, expuxo.

Porto dedicou a súa intervención ao Concello e o pobo de Muxía, as súas características naturais, a súa localización, nunha península, e os seus atractivos, valorando que EMuxía é unha simbiose perfecta entre o mar e a terra” e lembrando que ten 14 parroquias e 104 núcleos de poboación. “Iso combínase con que é agrícola e gandeira no interior, cos ríos e un mar que bordea todo”, engadiu destacando así mesmo o Faro da Barca e o Santuario da Nosa Señora da Barca entre os seus atractivos. O alcade referiuse así mesmo á colaboración do Concello coas casas de turismo rural da localidade, “que é xa un clásico” e que este ano cumpre o seu décimo aniversario. Con elas, dixo que sempre presentaron algunha iniciativa en Madrid con ocasión da celebración de FITUR.

Publicado o 20 Xan 2017 en Turismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies