• Segue conectado
  • |

Mondariz pon en marcha o Plan Municipal de Formación 2017

Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á OMIX de Mondariz, na rúa Merouces, 16

Mondariz | O Concello de Mondariz vén de poñer en marcha o Plan Municipal de Formación que ofrecerá, dende este mes de abril e ata setembro, un total de sete cursos dirixidos a persoas empadroadas no municipio. Aínda que poden participar traballadores/as en activo, terán preferencia ás persoas en situación de desemprego xa que estas actividades permitiralles adquirir coñecementos que melloren as súas posibilidades de inserción laboral.

formación

 

O curso de Informática Básica será o primeiro en desenvolverse. A o prazo de inscrición rematará o vindeiro 18 de abril e o período de matrícula será entre o 19 e 21 de abril. O curso cun total de 30 horas lectivas e prezo de 15 euros, impartirase nas instalacións da Biblioteca Municipal do 24 de abril ao 30 de maio, os luns, mércores e venres de 9:30 h a 13 h.

Manipulador de Alimentos. Esta actividade formativa, de carácter totalmente gratuíto e 3 horas lectivas, impartirase nas Aulas da Escola de Vilar en dúas datas: o 27 de abril e o 9 de xuño, ámbalas dúas en horario de 10 h a 13 h. A inscrición para o curso do 27 de abril remata o 25 de abril, mentres que para a quenda do 9 de xuño, a inscrición será entre o 8 de maio e 5 de xuño.

Acompañante de transporte escolar. Contará cunha duración de 40 horas lectivas (20 horas presenciais e outras 20 a distancia) e impartirase en horario de 10 h a 13 :30 h nas Aulas da Escola de Vilar entre o 16 de maio e o 1 de xuño. O período de inscrición será do 17 de abril ao 9 de maio, mentres que o de matrícula será entre o 10 e 12 de maio. O prezo deste curso será de 20 euros para persoas en situación de desemprego e 30 euros para traballadores/as en activo.

Prevención de riscos laborais. Especialidade Albanelería a desenvolver entre o 22 e o 30 de maio nas Aulas da Escola de Vilar os luns, mércores e venres entre as 9 h e as 13 h, con 20 horas lectivas comúns e 6 horas de especialidade. O curso terá un prezo de 25 € para desempregados/as e 40 € para traballadores/as en activo. A inscrición estará aberta entre o 17 de abril e o 15 de maio e a matrícula poderá formalizarse do 16 ao 19 de maio.

Preparación de proba libre ESO para adultos. O curso, o máis longo de todos eles, impartirase entre o 4 de maio e o 5 de setembro con clases os martes e xoves no Centro Social en horario de 10 h a 13 h. A inscrición, que xa está aberta, pecharase o día 25 de abril e a matrícula poderá formalizarse entre o 25 de abril e o 2 de maio. O prezo será de 20 €/mes para desempregados/as e 30 €/mes para traballadores/as en activo.

Informática avanzada a impartirse entre o 12 e 13 de xuño, os luns, mércores e venres de 9:30 h a 12:30 h na Biblioteca Municipal. O custe do curso é de 15 € e a inscrición estará aberta entre os días 15 de maio e 2 de xuño. O período de matrícula será do 5 ao 8 de xuño.

En todos os cursos, as persoas desempregadas e empadroadas en Mondariz terán prioridade á hora de participar nos mesmos. As que non cumpran estes requisitos, poderán inscribirse igualmente e pasarán a formar parte dunha lista de espera. No caso en que rematado o prazo de inscrición quedaran prazas baleiras, ditas prazas serán cubertas coas persoas da antedita lista de espera.

Dado que as prazas son limitadas, no caso de haber máis solicitantes que prazas dispoñibles, a orde a marcará a presentación da inscrición no Rexistro do Concello. As accións formativas, en todo caso, están suxeitas a cubrir o grupo mínimo de alumno/as. De non ser así, o Concello poderá cambiar a data do curso ou mesmo cancelar a súa celebración.

Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á OMIX de Mondariz, na rúa Merouces, 16; nos teléfonos 986 664 306 e 680 964 461 ou no enderezo de correo electrónico omix@concellodemondariz.com

Publicado o 21 Abr 2017 en Mondariz, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies