• Segue conectado
  • |

Marcelino Oreja recorda na Casa de Galicia a Declaración do Camiño de Santiago

Nunha conferencia coa que abriu a duodécima edición do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos

Madrid | O presidente da Fundación Ad Sanctum Iacobum Peregrinatio e da Real Academia de Ciencias Políticas e Morais, Marcelino Oreja Aguirre, inaugurou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a duodécima edición do ciclo de conferencias Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudios Jacobeos, que se desenvolverá durante os próximos días organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid. Fíxoo coa conferencia “O Camiño de Santiago. 25 anos da declaración do Consello de Europa”.

O conferenciante estivo acompañado na mesa polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega, que dió a benvida como anfitrión do acto e recordou o tempo compartido con Oreja, cando este era delegado do Goberno no País Vasco e el gobernador civil de Biscaia, e polo presidente da Asociación, José Antonio Ortiz Baeza, que lle presentou, identificoulle como peregrino e referiuse ao labor que desempeñou hai vinte e cinco anos como secretario xeral do Consello de Europa, cando en 1987 se proclamou o Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo e Oreja presidiu os actos que se celebraron en Santiago de Compostela con tal motivo.

Oreja comezou recordando o papel do Consello de Europa, unha organización creada en 1949 para a defensa dos dereitos humanos, as liberdades públicas e o imperio da lei e que impulsou dende os primeiros anos a cooperación xurídica e cultural entre os Estados membros.

Explicou que unha das primeiras tarefas que se propuxo ao tomar posesión como secretario xeral do Consello foi impulsar as rutas culturais e en primeiro lugar o Camiño de Santiago. “A idea era promover o diálogo internacional, descubrir a nosa común identidade europea sen esquecer no caso do Camiño, a dimensión espiritual que representa”.

Expuxo as súas visitas aos países membros “para propoñerlles a aprobación dunha Declaración que puxese de manifesto a necesidade de lograr a identificación dos Camiños de Santiago, a súa sinalización con emblemas comúns, a acción coordinada de restauración, o lanzamento de programas de animación cultural, a relación permanente entre cidades e rexións situadas ao longo do Camiño e por fin poñer en evidencia que a fe, que animou os peregrinos ao longo da historia, os reuniu nunha aspiración común máis alá das distancias e os intereses nacidos”, explicou. Sinalou así mesmo que “esta Declaración foi proclamada hai 25 anos na Praza do Obradoiro e bo é recordalo hoxe invadidos como estamos de tantas noticias desconcertantes sobre o futuro de Europa”.

Oreja tamén fixo unha referencia a cantos foran ao seu xuízo os erros de Europa e valorou que “o problema fundamental é a recuperación de valores conectados na práctica de virtudes cidadás que permitan superar a profunda crise moral en que nos encontramos”. “Uns valores sobre os que se debe apoiar a unidade estrutural do noso continente. Porque Europa non se entende sen liberdade, nin solidariedade, nin o respecto á lei sen unha democracia de valores ou sen unha política da verdade,” mantivo.

As conferencias do Seminario
“O seminario continúa o próximo luns, día 26, coa conferencia “Unha visión actual da peregrinación compostelá dende a cidade do Apóstolo”, de Agustín Dosil Maceira, presidente da Arquiconfraría Universal do Apóstolo Santiago, á que segue o día 27 “O Camiño de Santiago como patrimonio único”, de Javier Rivera Blanco, catedrático de Historia da Arquitectura e Teoría da Restauración da Universidade de Alcalá.

Finalizará o día 29 coa conferencia que impartirá Jesús Tanco Lerga, profesor da Universidade de Navarra, “Vínculos entre peregrinos, estudosos e amigos: certa sociedade xacobea”.

Publicado o 23 Nov 2012 en Aldea Global, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies