Manuel María, poeta grande do povo galego

NDEA_Manuel MaríaPor Ramón Coira Luaces
Nasce a 1929 numa familia camponesa acomodada de Outeiro de Rei, Lugo. A sua casa familiar, a casa de hortas, é matria, patria, fundamento, que recolhe en herdo o último alento do poeta. E hoje é a casa-museo, que devedes visitar. Nós pasamos, a casa permanece, di el. Nesta casa estivo Anxel Fole, Novoneyra, Díaz Castro, José Lois, José Estévez, Blanco Amor,… e conserva as pertenzas e os libros do grande poeta da Galiza. A casa erguida con xisto e cantería por obra dos avós, é fermosa, forte, firme, fachendosa.
A súa infancia transcorre na Terra Cha, entre a II República, a Guerra Civil e a dura posguerra. Aínda así Manuel María non sufriu directamente as consecuencias do conflito, pois o seu pãe foi alcalde de Outeiro de Rei até 1943. Según o seu filho, era bo, paciente, sinxelo, tolerante e preocupába-se cos lerios da casa municipal. O pãe morre prematuramente e, depois, faino o filho Jesús María, vítima dum atropelo, o que os ensumiu numa fonda tristura. A mãe é a metonimia da casa, segura, ergueita. Representa para o filho a tradição, a interlocução cos devanceiros da terra, a loita contra a preguiza, a fame e e a pobreza. Delegará no tío paterno, o cura don José, a responsabilidade da formação e estudos do pequeno Manuel María. Nas suas propias palabras, a infancia é a súa patria verdadeira, o seu paradiso perdido. Foi este um período de experiencias iniciáticas, de sonhos e fantasías, de banhos no Minho de furtos de fruta nas hortas vecinhas, de apanhar grilos e vacalouras, de gozar no verão das praias e banhos de mar na Corunha, onde ficou engaiolado pelo monumento a outro grande das letras galegas: o poeta -nascido en Celanova- Curros Enríquez; obra deseñada pelo escultor Francisco Asorey. O primeiro desencontro procede da escola, institución programada pela ditadura franquista para a alienação e colonização das novas geraciões galegas, negadora da lingua galega como medio de comunicação. O mestre, Domingo Cabana, amigo e vicinho, abandona na escola a lingua habitual entre eles, o que acovarda ao jovem Manuel María e o sume na inseguridade, marcándoo para sempre.
No ano 1940 descobre na nova escola de Rábade a literatura galega. As aulas dos sábados à tarde, o mestre Joán Bautista Núñez Varela dedicábaas a ler um conto ou um poema em galego e así foi como conheceu a Rosalía de Castro. Con treçe anos ingresa no instituto masculino de Lugo, hoje Lucus Augusti. O seu tío e os Maristas põe-no en contacto coa Biblia, a teoloxía, a filosofía e a literatura espaholas: Ancipreste de Hita, frei Luís de León, Lope de Vega, Góngora, Bécquer ou Rubén Darío. É de resaltar também a atenção e estímulo que lle presta aos seus primeiros poemas o jornaleiro da casa Manuel de Paderna, quen lle obsequiaba cun cigarro enteiro ou com meio, en função da calidade das rimas dos seus primeiros poemas.
Da man do mestre Lázaro Montero, conhece a Xeração do 27 espanhola e, en especial, a Rafael Alberti. O mozo, cheo de ilusiões e sonnhos, vive um tempo gris de amedrentamento religioso, derrota das liberdades e vitoria do medo e da imposicão fascista; de censura e silencio autoimposto pelos escritores que sobrevivirâm. Mas nas tertulias, Manuel María recibiu memoria galega. Com dezanove anos debuta como conferenciante, falando sobre Juan Ramón Jiménez. Trata a Luis Pimentel, entre outros e, com moitas dificultades, consegue ir publicando poemas e livros em galego: em pequenas editoriais, no estrangeiro,… Aínda que ele gostaría de estudar Filosofía e Letras, por preção do seu tío, comeza a estudar Dereito em Santiago de Compostela.
Cando fiz a tropa coincidiu co poeta do Courel, Uxío Novoneyra, co que compartiría arelas e projectos numa vida de amizade. Publica Morrendo a cada intre, Mariñeiro de Brétemas, Terra Cha, Advento,… Faz tertulias com Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro e Carlos Maside, afirmándo-se cada vez máis nos postulados galeguistas e marxistas, por influencia -estos últimos- do pintor Carlos Maside, o que o confrontava com Piñeiro, García Sabell e Bouza Brey. O 25 de xulho asiste em Compostela á misa de Rosalía de Castro, o único acto galeguista permitido pelo Régime. Pela sua obra Libro de pregos receve o Premio Pondal de Poesía concedido pelo Centro galego de Buenos Aires. Participa em numerosos certames, concursos e recitais com Uxío Novoneyra e Antón Avilés de Taramancos.
Animado pelo seu amigo Celso Emilio Ferreiro, prepara o concurso de procurador dos tribunais, que aprova em 1957, sendo destinado ao julgado de Monforte de Lemos, onde abre uma livraría e pequena editorial coa súa dona Saleta. Alí, numa pequena mesa redonda pasaba horas e horas a escrever. O país, as clases populares máis desfavorecidas, o idioma, a historia galega… son os temas recurrentes da sua obra, que foi tirando adiante con moitas dificultades por causa do ambiente de deserto cultural, ocasionado pelo exilio forçado de boa parte da intelectualidade galega e pela censura dum régime hostíl ás culturas e identidades periféricas.
Manuel María pronuncia numerosas conferencias, pregões nas festas populares, articipa em recitais, asina livros,… e no1959 casa com Saleta Goi García, que provinha duma familia republicana. Comeza também a dar aulas de literatura na monfortina Academia Balmes, sendo um dos seus alumnos Lois Diéguez. Em 1963 fúndase a UPG e ele incorpórase pouco depois da súa fundação, colaborando na área de cultura da mesma. Publica novas obras, ensaios, artigos jornalísticos, … Ë acosado pela polícia franquista, multado em varias ocasioes, detido, censurado, mas Manuel María segue adiante co seu labor. A revista Grial publícalhe dúas novelas curtas Con A luz non volve atrás ganha uma mencão no I Premio Castelao de Teatro Galego. Num poema acusa á clase media de traidora a Galiza ae ao povo galego, de trafegar coa fame e a miseria, de bicarlhe os pés aos poderosos, de ser servil, de imitar as modas de Madrid e intentar borrar o idioma galego. Por causa das dificultades editoriais, funda a editorial “Xistral”. No poema “Canción para cantar tódolos días” defende a lingua galega con paissão. O poema será censurado e também traducido a numerosas linguas. Depois do recital de Raimon en Santiago de 1967, Manuel María escreve en Grial um artigo de título: “Raimon, um poeta do nosso tempo”, no que fai um reconhecemento a este poeta que recolhe na súa voz as inquietudes e problemas do povo.
Publica Versos pra un país de minifundios, Os soños na gaiola (para o público infantil), As rúas do vento ceibe, entre outras. Os seus poemas son cantados por nunmerosos artistas: Suso Vaamonde, María Manuela, Fuxan os Ventos, Uxía, Magín Blanco, A Quenlla, A tribo incomprensíbel,… Nas primeiras elecciões democráticas presénta-se na candidatura do BN-PG. Recivem chamadas telefónicas ameazantes e insultos, son detidos, põenl-hes un garda na porta, fan-lhes campanhas de desprestigio, regístranlhes o apartamento. Porén a súa actividade e compromiso políticos não minguaram. Escreve:
Hai que loitar, irmáns e compañeiros,
para traer a luz, a liberdade,
a Primavera.
Entra, sae e volve entrar na Real Academia Galega. É traducido ao éuscaro, ao catalán, ao bretón, ao flamengo, ao húngaro, ao franc[es, ao ruso, ao português, ao ruso, ao holand[es e ao espanhol. Participa na Asociación Sociopedagóxica Galega e na Asociación de Escritores en Lingua Galega. Gustába-lhe participar nos Galeuscas cos escritores de Euskal Herría e Paises Cataláns para conhecer as súas culturas e literaturas. Admira a Miguel Torga e viaja por Portugal e por outros países. Encabeza a lista para o Senado pelo BNG por Lugo. Percorre o país dando charlas e recitais, participa em encontros con escritores galegos e brasileiros. Colabora coa Mesa pela Normalización lingüística e coa Plataforma Nunca Máis. Deija a súa militancia política, no entanto, sempre que pode acude a Compostela o Día da Patria Galega. Receve numerosos recoñecementos en vida e falece no 2004 na Coruña. Este ano adícase-lhe o Día das Letras Galegas, pelo que lhes recomendo que lean alguma das biografías que se anuncian del, como fiz eu coa de Mercedes Queixas. (R.C.L.)