• Segue conectado
  • |

Lucy’s tire establece en O Porriño o seu centro principal para España

Amosa interese polo Plan Laboral do concello de Porriño

O Porriño | A alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Industria, Marcelino Coto, visitaron a firma Lucy´s Tire, que terá no Porriño a súa planta principal en España.

Lucy’s Tire, é unha empresa comercializadora de neumáticos, establecida nos Estados Unidos en 1985 que no ano 2000, logo de chegar a liderar a exportación do sector ao Centro e Sur de América e o Caribe, abre sete filiais no estado de Florida dando servizo, anualmente, a máis de 25.000 transportistas, converténdose nunha referencia nesta industria.

 

Os propietarios desta multinacional, José Ríos, natural de Galicia, e Lucy García Rios, de país galegos, deciden hai 4 anos abrir unha delegación en Galicia, concretamente en Pontevedra, fundando Lucy’Tire España, dirixida por Jeronimo Rios.

Logo de integrarse no mercado europeo, a empresa ven de dar un novo paso e investir no seu propio centro de servizo de Automóbiles e Camións no Porriño e, dende aquí, levar os seus produtos a toda a Península Ibérica.

A alcaldesa transmitiu ao presidente de Lucy’s Tire a súa satisfacción polo feito de que decidise radicar a central para España no Porriño, amosoulle a total colaboración do Concello e expúxolle os plans formativos, “orientados á creación de emprego”, impulsados dende o Goberno local e que veñen de cristalizar en diferentes acordos con empresas de varios sectores, plans nos que os responsábeis de Lucy’s Tire amosáronse interesados en canto facilitan a formación profesional de futuros empregados, baseados nas necesidades das diferentes empresas da área do Porriño.

Pola súa banda, o concelleiro de Industria sinalou que dende o Concello se fixera “todo o traballo” para que esta nova empresa se establecese no Porriño. Marcelino Coto subliñou que “axilizar e facilitar todos os trámites para que as empresas que queiran investir na vila e radicarse nela, é unha prioridade para o Goberno local” dado que supón máis riqueza, máis desenrolo e máis traballo, “obxectivos que son xa unha norma que este Goberno se ten marcado”.

Publicado o 26 Mar 2017 en O Porriño.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies