A Guarda acolle a exposición fotográfica do XI certame «Viaxando»

O Concello da Guarda acolle dende o pasado luns 15 de xaneiro a exposición formada polas fotografías participantes no XI certame fotográfico «Viaxando».

A Guarda | O concurso -organizado polas OMIX dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Baiona, Gondomar, Salceda de Caselas, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui- contou coa participación de máis de20 mozos e mozas de distintos puntos da xeografía galega. A fotografía gañadora do certame, que se deu a coñecer no mes de outubro, foi «Namorados no Interrail», obra do tomiñés Daniel Álvarez Fonterosa.

A exposición poderá visitarse ata o 15 de febreiro na casa consistorial, data na que a mostra seguirá coa súa ruta polos restantes concellos organizadores.