• Segue conectado
  • |

Gonzalo Caballero: “Despois do triunfo nas xerais, estamos en condicións de seguir avanzando fronte ao pinchazo do PP”

O secretario xeral chama a traballar por “outra maioría de votos progresistas” nas municipais en Galicia, con máis concelleiros socialistas nas sete cidades mentres o PP “baixa”

Moaña/PSdeG | O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, retomou hoxe a axenda de campaña, tralo pasamento de Alfredo Pérez Rubalcaba, cunha visita a Moaña en compañía da candidata socialista, Marta Freire. Dende alí, prognosticou que “despois do triunfo nas eleccións xerais, estamos en condicións de seguir avanzando fronte ao pinchazo e ao retroceso do PP”.

Nun día no que os xornais publican enquisas que reflicten a subida do PSdeG nas sete cidades, Gonzalo Caballero chamou a “non confiarnos” porque “non queremos gañar as enquisas”, senón que “queremos gañar as eleccións”.

“Nós encaramos a campaña con moita forza e con moita ilusión”, recalcou o líder dos socialistas galegos, quen destacou que o PSdeG-PSOE é “a esquerda que sabe gobernar” e que presenta “os mellores” candidatos e candidatas.

Fronte a isto, Gonzalo Caballero sinalou que “Feijóo está en fóra de xogo” porque “quedou descolocado” tralos resultados do pasado 28 de abril, nos que houbo “unha maioría progresista clara e rotunda”. “O 55% dos galegos e das galegas votaron a forzas progresistas para rectificar e suspender a Feijóo”, recalcou, antes de chamar a traballar por “outra maioría de votos progresistas” o vindeiro 26 de maio.

Moaña
Ao fío disto, o máximo dirixente do PSdeG recordou que “Feijóo esqueceuse dos pequenos concellos” e “fracasou” nas súas políticas para o medio rural. Diso falou tamén Marta Freire, quen denunciou a negativa da Xunta a facer o centro de saúde que tiña acordado “cando gobernaba o PP” en Moaña.

Asimismo, Marta Freire, de quen o secretario xeral destacou que se trata dunha muller ”comprometida, preparada e dedicada”, puxo o foco na importancia de mellorar a mobilidade nesta vila e a conexión co mar.

Gonzalo Caballero comezou a súa intervención ante os medios cunhas palabras de recordo para foi secretario xeral do PSOE e chegou a ser vicepresidente do goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, recentemente falecido.

Publicado o 12 Mai 2019 en Moaña, Política, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies