Galicia e España representadas no festival de gaita “13 Međunarodni gajdaški”.

Nadia Vázquez-Martinez, da Guarda, viaxou a Croacia para participar neste festival

A Guarda | O último fin de semana de setembro a gaiteira Nadia Vázquez-Martínez viaxou a Croacia para representar a España no festival de gaita “13. Međunarodni gajdaški”.

Foi a edición número 13 do festival e este ano estivo adicado só a mulleres que tocan instrumentos tradicionais. Dende a organización manteñen que foi o primeiro festival de gaita do mundo adicado exclusivamente a mulleres e no que só tocaron mulleres.

Actualmente Nadia estuda no estranxeiro para especializarse nun tipo de gaita francesa chamada “musette”. Esta fin de semana viaxará a Galicia e dará algúns concertos.

Ao festival acudiron gaiteiras de varios países de Europa como Alemania, Turquía, Hungría, Eslovaquia ou a propia Croacia.