• Segue conectado
  • |

A doutrina Parot é inconstitucional.

Cadernos da viaxe.

Un principio fundamental de todas as democracias europeas, recollido na Convención Europea de Dereitos Fundamentais e, xa que logo, que define a interpretación da Constitución estatal no eido dos dereitos humanos é que toda persoa só pode ser condenado á pena definida previamente ao delicto que cometa. O agravamento das penas, xa que logo, non pode ter nunca carácter retroactivo.

Para os delictos cometidos antes do 26 de maio de 1995 rexía o Código Penal do 1973, que permitía redimir as penas polo traballo ou polo estudo . Aos reos de múltiples delictos de asesinato ou violación, por exemplo, o límite efectivo de cumprimento da pena era de 30 anos. Mais o Tribunal Supremo definiu no 1994 que as redencións das penas por estudos ou traballos restaban dese límite de 30 anos, polo que os violadores ou asasinos que cometerán varios destes delictos restarían efectivamente tempo de prisión deses 30 anos.

No tempo do aznarato (2006) a chamada Audiencia Nacional (AN) mudou a regra con Henri Parot para atrasar a súa saída de prisión e decidiu que as redencións acadadas restarían de cadansúa pena individual, o que garantía case sempre que esta caste de delicuentes cumprirían 30 anos efectivos. O etarra recorreu e o Tribunal Supremo (TS) mudou a súa xurisprudencia confirmando a sentenza da AN. O Tribunal Constitucional (TC) rexeitaría no 2008 o recurso de Pairot admitindo esta aplicación retroactiva das regras de execución das penas.

Mais no 2012 e 2013 as dúas instancias do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos decidiron en cadansúas sentenzas que a doutrina dos tres tribunais españois (AN, TAS e TC) era contraria ao devandito principio de irretroactividade na aplicación da lei penal, e xa que logo, que era inconstitucional. Isto determinou, como era previsíbel, unha enxurrada de liberdades de graves delincuentes en moi pouco tempo, o que xerou grande alarma social.

Velaí que esta alarma social fose da exclusiva responsabilidade, en último de contas, da docilidade a respecto do Goberno Aznar das Salas do Penal da AN e do TS e do propio TC no seu conxunto, ao pular por unha retroactividade penal inconstitucional e antidemocrática que veu ratificar, unha volta máis, a parcialidade dos Altos Tribunais españois.


Advogado. Colabora en varios medios galegos.
Publicado o 18 Xuñ 2017.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies