• Segue conectado
  • |

Día de Galicia en Madrid

O delegado da Xunta na capital entregou diplomas a diferentes personalidades para recoñecer a súa "colaboración e afecto" á Casa

Madrid |  “Un sinxelo acto, institucional e lúdico ao mesmo tempo para conmemorar o Día de Galicia en Madrid”, deste modo definiu o delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, para recordar, hoxe, 17 de xullo ás 19 horas, a Festa Maior de Galicia que se celebra o 25 de Xullo en honor a Santiago Apóstolo.

O acto iniciouse cos sons da música popular das gaitas, bombo e tamboril do grupo Vagalume de la Asociación Galega do Corredor do Henares, que ataviados co traxe típico de gala, reservado ás grandes ocasións, interpretaron pasacalles, alboradas, marchas, mazurcas, muiñeiras e pasodobres.

Seguidamente, o delegado e os anteriores directores desta Institución procederon a inaugurar a “Galería de Retratos dos Presidentes e anteriores Directores da Casa” en palabras de Ónega, “un pequeno homenaxe e recoñecemento a quen traballaron e se esforzaron para construír o que hoxe significa esta Casa”.

Unha vez inaugurada a Galería Ónega, xunto coas autoridades asistentes, fixeron entrega a quince personalidades (achégase listado alfabético) que se caracterizaron por “os seus méritos persoais e profesionais e polo afecto e colaboración coa Casa de Galicia. Tras nomear cada un dos diplomados e ler un breve currículo fíxoselles entrega da distinción, seguida dunhas breves palabras por parte de cada galardoado.

O punto final púxoo a actuación do Dúo Sons-Nús (Sons nus), formado pola cantante MAITE DONO e o contrabaixista BALDO MARTÍNEZ e en cuxo repertorio non faltou o sempre emocionante Himno Galego capaz de trasladar a mesma Galicia coas súas notas, especialmente se a interpretación é tan especial como a que ofrecen Sons-Nús e é en Madrid, a máis de cincocentos kilómetros da Terra.

RELACIÓN DE DIPLOMADOS

Excmo. Sr. D. JOSÉ MANUEL BARREIRO FERNÁNDEZ, Portavoz del Grupo Parlamentario Popular en el Senado

Sr. D. JOSÉ LUIS BARRERA MORATE, Geólogo. Consejero Delegado de las empresas del Grupo Barrera en Madrid

Sr. D. OVIDIO CADENAS QUEIPO, Presidente de FAGAMA

Sra. Dña. PILAR FALCÓN OSORIO, Presidenta del Club de Periodistas Gallegos en Madrid

Excma. Sra. Dña. MARTA FERNÁNDEZ CURRÁS, Secretaria de Estado de Presupuestos y Gastos del Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas del Gobierno de España

Excmo. Sr. D. CÉSAR ANTONIO MOLINA SÁNCHEZ, Escritor y Ex ministro de Cultura

Excmo. Sr. D. PEDRO NÚÑEZ MORGADES, Diputado de la Asamblea de la Comunidad de Madrid

Excmo. Sr. D. MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ, Catedrático emérito de Derecho Internacional de la Universidad Complutense

Sr. D. FERNANDO RAMOS RODRÍGUEZ, Consejero Delegado/Director gerente de CLINER

Excmo. Sr. D. JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ-VILLASANTE Y PRIETO, General consejero togado del Cuerpo Jurídico de Defensa

Sr. D. BIEITO RUBIDO RAMONDE, Director de ABC

Sr. D. RAMÓN MARÍA LUIS SÁNCHEZ GONZÁLEZ, Notario

Sr. D. JULIO TOUZA RODRÍGUEZ, Doctor en Arquitectura

Excmo. Sr. D. RAMÓN TRILLO TORRES, Magistrado. Ex presidente de la Sala Tercera del Tribunal Supremo

Excmo. Sr. D. FRANCISCO VILLAR GARCÍA-MORENO, Diputado del grupo popular. Secretario de Estado de Administraciones Públicas. Secretario de Estado para el Deporte (Se entrega a título póstumo).

Publicado o 17 Xul 2012 en Aldea Global.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies