Deus nas alturas

Juan Louzán | É certo que o Cristo Redentor, que está na cima do monte do Corcovado, en Río de Janeiro, Brasil, foi declarado Monumento Histórico Arquitectonico da Humanidade en 2010. A súa espectacular panorámica non ten parangón. Está a 710 metros do nivel do mar. É tamén a séptima maravilla do mundo. Vale. Un 10 de nota. Pero os galegos, aínda que mais modestamente, tamén damos un 10 de nota de valoración a unha muller, Isabel, do barrio guardés da Marina, da Rúa da Cal, que desde o pico do Facho, na cima do monte Trega, de 310 metros de altura, saluda a guardeses, camposinos, caminhenses, e demáis miñotas, para recordarlles que aquí temos unha das maravillas do mundo. As nosas praias, restaurantes, hoteles, festas, gastronomia, e ruta turistica, non ten parangón con Sao Paulo, Corcovado, Río de Janeiro e demáis riquezas culturais e turisticas dos nosos amigos brasileiros. Con quen nos unen moitas raices desde séculos.