Desaparece un tesouro humano

Novas do Eixo Atlántico - Xosé Neira VilasDesde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! queremos mostrar o noso profundo sentimento de dor polo pasamento do escritor Xosé Neira Vilas, unha figura que constituiu unha ponte entre Galiza e o mundo, um valedor da cultura galega en América e um transmisor do patrimonio cultural galego-portugués ás novas xeracións.

Xosé Neira Vilas é unha das persoas que mellor soubo transmitir os valores da cultura tradicional, uns valores que el vivenciou na súa infancia na aldea e que non vía representados na literatura galega. Com Memorias dun neno labrego dignificou a cultura do pobo dándolle o valor universal que posúe.

Neira Vilas era consciente de que a oralidade do pobo e os seus saberes constitúen un tesouro fundamental que hai que preservar e transmitir ás novas xeracións. Coas súas obras e a súa valía humana, a literatura galega tem un referente para mostrar ao mundo a riqueza do seu patrimônio inmaterial.

Como Asociación pedagóxica, Ponte…nas ondas! vai achegar ás novas xeracións o legado das súas obras e Balbino seguirá a falar nas nosas ondas e a transmitirnos o mundo da aldea.

Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE…NAS ONDAS!