Converxencia XXI opónse á recentralización económica

Poisicionamento de Converxencia XXI con respecto ao intento de acurtar as Autonomías que tanto custaron lograr neste país

Esta xente confunde a mala xestión, que por certo fixeron os seus propios compañeiros de partido, coa necesidade de autoxestión:

‘Ante as verbas do Ministro de Economia español Luis de Guindos, nas que deixa ben ás claras a sua intención de controlar os orzamentos das Comunidades Autónomas, non podemos máis que reaccionar con un firme rexeitamento ás suas declaracións, claramente focadas á subordinación das autonomias e non a boa praxe na xestión económica.

Foi o papel irresponsable que xogou o Estado español nestes últimos anos determinante no nacemento e agravamento da crise económica que estamos a sofrer, non o das Comunidades Autónomas, que ademais teñen garantida a súa independencia orzamental pola propia Constitución Española de 1978.

Se ben desde a Unión Europea se visa intervir en casos de irresponsabilidade manfiesta dos estados membros, libremente aderidos, a través de multas a posteriori como forma de control do défice, en caso ningún se prevé unha inxerencia nos asuntos orzamentais dos sócios comunitários, aprovándoos ou refusándoos con base a critério ningún.

Xa nas pasadas eleccións ás “Cortes Generales del Estado”, e ben lonxe das afirmacións recentralizadoras e intervencionistas do actual ministro, desde Converxencia XXI defendemos e incluímos no noso programa electoral, que o federalismo fiscal era a máis razoable forma de xestión para o Estado Español, lembrando que no Estado existe un referente claro de independencia  económica desde hai moitos anos, o Pais Basco, cunhas cifras macro e  microeconómicas que nada teñen a ver co caos das contas públicas españolas’.