Compromiso por Galicia alerta que as beiras do Miño levan desbordadas semanas

Dende fai anos o río Miño e os pobos polos que discorre sofre os efectos das centrais hidroeléctricas que invaden o seu caúce.

Salvaterra/CxG |CxG de Salvaterra informa que en Salvaterra do Miño estamos a sufrir dende fai máis dun mes o desborde do río Miño, o seu paso polo concello polo efecto das presas que obstaculizan no seu percorrido . Do mesmo xeito que en Ourense non poden gozar das augas termais pola enchente do río producido pola apertura das comportas das presas, en Salvaterra leva semanas asolagado o parque da Canuda.
Todo isto acontece porque un recurso publico este en mans de empresas privadas, que fan e desfán o seu antollo, asegura Xoán Antonio Moo de CxG de Salvaterra.
No 2009 o exsenador Xosé Manuel Pérez Bouza, na actualidade membro da Executiva Nacional de CxG, presentara unha iniciativa na que se instaba o Ministerio de Medio Ambiente a que se levase a cabo un estudio que permitise analizar o impacto ambiental e social dos aproveitamentos e a suspensión das concesións existentes.. Xa é hora de revisar esas concesión dadas durante as dictaduras franquistas en España e Salazaristas en Portugal, nun contexto social, económico e ambiental totalmente diferente e devolver o río o seu estado natural, reclama CxG.
Segundo CxG, unha sociedade desenvolvida debe empregar outro tipo de enerxías renovables que non teñan un impacto tan agresivo para o medioambiente,