• Segue conectado
  • |

“Marisela e o Roxo”, “O homiño de papel” e “Como mola tu escoba” no Cotomar

>Marisela e o roxo | Geovanys F. García & André Letria O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou á princesa unha mazá, malia que lle podía caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andrómenas. Marisela aproveitou a ocasión e, sorrindo con picardía, soltou unha frase […]

A presentadora e escritora María Dolar, no “Lendo contigo” deste mes

O sábado 28 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, terá lugar na Biblioteca de Gondomar a sesión mensual do Club de lectura compartida Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais. Nesta ocasión, o libro do que se vai falar é “O fillo do Pintamonas”, […]

Novela negra no “sete vidas” de xaneiro

O martes 10 celébrase a sesión de xaneiro do club Sete Vidas centrada na lectura da novela Lume de cobiza (Galaxia, 2011), do escritor galego Miguel Anxo Fernández. A cita será a partir das 20.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor do libro. O autor da novela, Miguel Anxo Fernández, […]

Francisco Álvarez Koki presentou na Guarda o seu libro “Maruxía”

Francisco Álvarez Koki, escritor guardés, presentou o 11 de novembro a reedición do seu libro de poemas “Maruxía”. O acto estivo presentado polo tamén escritor Xosé María Álvarez Caccamo e durante o mesmo o propio autor recitou unha selección dos poemas que forman o libro. Francisco Álvarez-Koki reside dende 1984 en Nova Iork, onde continúa […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies