• Segue conectado
  • |
Artigos de Xoán Antón Pérez-Lema
Advogado. Colabora en varios medios galegos.

O novo decreto da nova planta.

Cadernos da viaxe. Despois de conquistar a ferro e lume a cidade de Barcelona o 11 de setembro de 1714, o rei Felipe (V) de Borbón promulgou en xaneiro de 1716, baseado no seu dereito de conquista, o Decreto de Nova Planta, que suprimía as institucións catalás de autogoberno. Neste outubro de 2017, o goberno […]

O discurso de El-Rei.

Cadernos da viaxe. O Xefe do Estado, na súa mensaxe do pasado 3-O, renunciou representar ao conxunto da cidadanía e demitiu do seu papel constitucional de árbitro e moderador das institucións para se converter no valedor do modelo social e territorial da dereita española. A Coroa rachou a neutralidade que lle impón a Constitución, declarouse […]

Rajoy atravesa toda liña vermella.

A represión desenvolvida polo Goberno do Estado para evitar o referéndum catalán foi impropia dun réxime de liberdades. Atravesou todas as liñas vermellas da proporcionalidade democrática e xerou noxo e incredulidade no mundo todo. Máis de 850 feridos en actuacións desproporcionadas, moitas veces mesmo mallando a eito en persoas indefensas. Alén dalgún caso illado no […]

Rajoy apela ao medo.

Cadernos da viaxe. Rajoy está a usar ao Fiscal Xeral do Estado (nomeado polo Goberno central e recusado pola maioría absoluta do Congreso) para impedir o referéndum catalán do 1-O. Os primeiros intres desta campaña amosaron esceas propias do camarote dos irmáns Marx, coas forzas policiais na percura de papeletas ou de urnas por Catalunya […]

A legalidade internacional do dereito a decidir.

Cadernos da viaxe. Josep Borrell e Josep Piqué, canda Francesc de Carreras e outros unionistas cataláns, veñen de negar o dereito de Catalunya á súa libre determinación “consonte coa legalidade internacional”. Non hai tal. O artigo 1º do Pacto Internacional de dereitos civís e políticos (1966), plenamente vixente no Estado en virtude do artigo 96 […]

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies