• Segue conectado
  • |

A antiga Fortaleza de Salvaterra de Miño, declarada Ben de Interese Cultural dende o ano 1949, conta cunha ruta de paneis explicativos

Fortaleza Salvaterra

Salvaterra de Miño | As dúas portas de acceso principal ao interior do recinto amurallado, a Igrexa de San Lourenzo e o insigne Castelo de Dona Urraca contan, xa mesmo, con diferentes rótulos que recollen a través de fotografías, planos e pequenos textos, cales son os aspectos histórico-artísticos que o visitante non debería ignorar na súa visita á Praza Forte do municipio.

Construída no século XVII, a Fortaleza de Salvaterra de Miño, consta de catro baluartes e dous semibaluartes unidos por cortinas de muros rectangulares, alzándose altivo coma un impoñente conxunto defensivo fronteirizo.

Asemade, o Castelo de Dona Urraca, que conserva parte da súa estrutura medieval orixinal, segue sendo un dos edificios máis representativos de toda a comarca. No seu interior, aínda se pode contemplar unha curiosísima escaleira de caracol de dobre rampla, exemplar único no país.

A Igrexa de San Lourenzo, sería obxecto de diversas modificacións dende a súa orixe no século XIII, momento no que foi ideada como simple capela militar.

Este circuíto cultural, cérrase coa visita á antiga “Casa do Conde”, antiga zona residencial dos gobernadores da Fortaleza.

A través deste percorrido de carteis ilustrativos, o visitante poderá achegarse á riqueza arquitectónica e histórica da que goza esta “Vila Milenaria”.

Publicado o 5 Xul 2017 en Patrimonio, Salvaterra de Miño, Turismo.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Faga click no enlace para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies