Acto informativo de Gas Natural no Auditorio Municipal do Concello de Salceda

O auditorio acollerá o xoves 13 o acto informativo sobre o proxecto de gasificación

Salceda de Caselas | O xoves día 13 de Setembro terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Salceda de Caselas o acto informativo de Gas Natural, que terá como fin comunicar aos veciños e veciñas de Salceda o uso, distribución, comercialización e as diferentes aplicacións que ten esta alternativa enerxética.

Os veciños e veciñas poderán aprobeitar esta ocasión para transmitir todo tipo de preguntas e inquietudes que teñan en relación á instalación e distribución que se está a levar a cabo no noso concello.

Na fin do acto todos e todas as presentes poderán disfrutar dun refrixerio que será proporcionado pola empresa Gas Natural Galicia.