Aclaracións sobre as normas derivadas do RD 463/2020 (Estado de Alarma) en Ponteareas

Criterios de interpretación respecto á saída con animais de compañía

Ponteareas | Comunicado do concello de Ponteareas.

1. O Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, (en adiante RD) polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 limitou a liberdade de circulación das persoas a uns supostos moi reducidos. Entre eles non figura a saída con animais de compaña.

2. Posteriormente, o goberno aclarou (sen dictar norma nin instrución oficial publicada no BOE) que a saída con animais de compaña tería cabida nunha norma aberta do RD, en concreto a letra g) e h) do seu artigo 7, no que se establece xenericamente que tamén se poderá circular“(…) g)por causa de forza maior ou situación de
necesidade e h) por calquera outra actividade de análoga natureza que haberá de facerse individualmente(…)”.

3. A ausencia de regulación específica obrigou o 16 de marzo á Dirección Xeral de Dereitos dos Animais do goberno español a establecer as condicións da saída de animais. A seguir reprodúcese o anuncio no twitter oficial da Dirección Xeral.

4. Obviamente, a pesares do seu aparente carácter imperativo(“acciones permitidas”)non se trata dunha norma xurídica. Nin a Dirección Xeral ten esa potestade nin foi publicado no BOE. Tampouco teñen valor normativo as
declaracións de autoridades civís, como o propio presidente do goberno español, cando explicou en comparecencia que os animais só se poden sacar por tempo mínimo imprescindíbel. Para que serve entón todo isto? Para establecer uns criterios que permitan aos axentes policiais saber cando un paseo dun can é permisíbel por encaixar no artigo 7.g) ou h) do RD. A policía é quen ten que determinar en primeiro lugar se unha persoa con animal de compaña na rúa cumpre ou non cumpre o RD.E en segundo lugar, será dilucidado por un xuíz no caso de que un denunciado demande a súa tutela por considerar que o axente da policía se excedeu
coa súa denuncia.

5. A partires do anterior, e en ausencia de norma concreta,os diferentes corpos de policía comezaron a establecer os seus criterios, sendo o máis coñecido o relativo á distancia do domicilio. Se a persoa se atopa a moita distancia do seu domicilio co can sanciónase,e así se está facendo todos os días, e non porque se recolla nunha norma
expresamente, senón por entender os axentes que esa distancia conleva ter excedido o tempo mínimo impresdincíbel para facer as necesidades fisiolóxicas, é dicir, excede a causa de forza maior ou necesidade prevista no RD.

6. De que maneira pode saber un policía, e tamén o cidadán cun animal de compaña, cal é a distancia a partires da cal se supera a situación de forza maior ou necesidade?O policía actúa con subxectivismo, pois non existe unha norma escrita que o aclare; e o cidadán vive na incertidume e na inseguridade xurídica de non
saber se está cumprindo ou non no seu paseo co RD.

7. Como consecuencia do anterior moitos concellos como Ponteareas decidiron establecer a medio de bando uns criterios de interpretación, en ningún caso normas legais tipificando infraccións ou prevendo sancións. O propio bando de Ponteareas así o di:“a fin de establecer o correspondente protocolo de actuación no ámbito da Policía Local para dar cumprimento ao Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, evitando as fraudes antes sinaladas,entenderase que se cumpren as condicións establecidas para sacar o can ou a mascota á vía pública
sempre e cando concorran as seguintes circunstancias: (…)”.Establécense uns criterios para que a Policía Local actúe cun mesmo patrón á hora de denunciar e danse a coñecer nunha nota informativa para que os cidadáns
saiban a que aterse no medio desta confusión. Eses criterios seguen ao pé da letra o establecido pola dirección xeral:

Dirección xeral do concello
Paseos curtos, só para cubrir necesidades Radio de 200 mts. do domicilio
Horarios de menor afluencia Tres franxas, as de menor afluencia de persoas nas rúas: 8-10; 14-16; 21-23.
Bolsas e botella de auga con deterxente
Sen contacto con animais ou persoas Sen contacto con animais ou persoas

8. O Concello de Ponteareas, antes de ditar o bando, analizou os bandos doutros concellos e cidades, como por exemplo Xixón; e non só iso: tamén remitimos o luns 30 de marzo un correo co borrador do bando á Subdelegación do Gobernono que literalmente se recolle:“Sometemos en todo caso o borrador do presente bando á consideración da delegación do gobeno respecto á súa procedencia ou, no seu caso e ao mesmo fin,para a súa remisión á Secretaría de Estado de Seguridad”. Ao día seguinte solicitouse telefonicamente unha resposta. E ante a falta de resposta, 48 horas despois someteuse á consideración do asesor xurídico municipal que considerou
correcto o bando. Aparecen agora informacións non oficiais sobre supostos pronunciamentos da Secretaría de Estado de Seguridade (quen ademais carece de funcións fiscalizadoras sobreos actos dos concellos),e o certo é
que o Concello de Ponteareas non ten comunicación algunha da Subdelegación do Goberno, malia solicitala, nin da Secretaría de Estado de Seguridade. Tampouco na web do Ministerio de Interior,de quen depende a Secretaría, figura algo ao respecto.

9. Por último, o máis importante: o relevante é para que se dicta o bando, máis alá das cosideracións legais. Resulta difícil de entender que se suscite debate sobre a legalidade ou non duns criterios de actuación da policía que non deberían ter que impoñerse nin sequera coercitivamente e que deberían cumprirse voluntariamente e por sentido común. Todos sabemos que para que un animal de compañía faga as súas necesidades fisiolóxicas abonda un desprazamento a menos de 200 metros do domicilio(e moito menos). Todos sabemos quepara facer esas necesidades abonda con tres saídas ao día. Todos sabemos que cando menos afluencia de xente hai na rúa, quitando a madrugada,é de 8 a 10, de 14 a 16 e de 21 en adiante. En consecuencia,a quen actúa correctamente pensando na saúde colectiva, o bando dictado non lle afecta, porque xa respecta esas “normas”. O bando vai dirixido a aquelas situacións nas que en lugar de sacar o can a facer necesidades,se usa o can para sair de paseo sen límites;nas que se usa un can para que diferentes persoas saian pasear numerosas veces nun día; e por suposto, nas situacións nas que se deixan os excrementos nas rúas, non se limpa a orina ou non se ten
implantado o microchip no animal. Mentres miles de nenos e nenas non poden satisfacer as súas necesidades vitais de mobilidade, confinados entre catro paredes,resulta unha falta de respecto que en certos casos se aproveiten os cans para facer o que a xente en xeral, e os pais e nais cos seus fillos e fillas en particular, non poden facer polo ben de todos e todas.

10. A Policía Local aplicará os criterios establecidos e quen considere algún dereito vulnerado nesa actuación poderá dilucidalo perante un tribunal. Será en último caso un xuiz quen decidirá se unha persoa na beira do Tea a medio quilómetro da súa casa estaba acompañando ao can por razóns de forza maior ou situación de necesidade. O Concello, pola súa banda, ten a obriga de velar pola saúde pública nesta crise, mediante criterios coma os explicados, e así o comparte a inmensa maioría das persoas.