ACIGU C.C.A. fai entrega das súas bolsas oxodegradables

A Guarda |  A Asociación de Empresarios da Garda ACIGU C.C.A, colabora cos seus asociados facendo unha nova entrega gratuita de bolsas para utilizar nos establecementos. ACIGU C.C.A conta con distintos modelos e tamaños de bolsas segundo as necesidades de cada establecemento.
A entrega de bolsas iniciarase en breve e ha ter unha gran acolleita entre os comerciantes que nos demandan este produto como imaxe corporativa do Centro Comercial Aberto, e á súa vez colaborar coa conservación do medio ambiente.
Este tipo de bolsas está fabricadas con material OXODEGRADABLE, polo que contribúe á conservación do medio ambiente; ao ser fabricada con materiais 100% degradables, cuxa descomposición non emite sustancias nocivas.
Para esta entrega de bolsas contamos coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.