• Segue conectado
  • |

A arte floral de Ponteareas luce na cidade lusa de Braga

Nun dos puntos neurálxicos da procesión lucíu unha alfombra floral circular froito da amizade entre as dúas cidades

Ponteareas | Ponteareas leva a súa arte floral á cidade de Braga por segundo ano consecutivo. O goberno de Ponteareas en colaboración cos e coas alfombristas agasallou unha alfombra floral de sete metros de diámetro ao concello de Braga para lucir nun dos tramos máis concurridos da procesión de Semana Santa.

Milleiros de turistas puideron contemplar a arte floral de Ponteareas grazas á colaboración da concellería de Turismo da cámara de Braga, que encabeza o vereador D. Altino Bessa.

A boa relación entre as dúas cidades permite promocionar tanto a tradición da semana santa de Braga como as alfombras florais de Corpus.

A alfombra realizada foi unha mostra das emblemáticas alfombras que se realizan na Praza Maior.
Ademais, a concellería de Cultura, que dirixe Hortensia Bautista, promocionou nesta cidade lusa a segunda edición de Ponte a Portu-Gal que terá lugar do 25 ao 27 de abril e no que se estudará e porá en valor a estreita relación entre Portugal e Galicia a través de exposicións fotográficas, relatorios, roteiros musicais e concertos entre outras actividades programadas.

No día de hoxe tamén participou no encontro do proxecto Galilusofonía coordinado por Jaime Torres, da asociación “Cantos de aqui” para dar a coñecer as xornadas de Ponteareas. No encontro participaron, entre outros, o Presidente da Uniao de Freguesías de Nogueiro e Tenoes e representantes de asociacións participantes da GaliLusofonia e o alcalde de Ponteareas entre outros.

Publicado o 17 Abr 2019 en Cultura, Ponteareas, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies