• Segue conectado
  • |

250 escolares de Porriño participaron este ano no curso de Seguridade Vial impartido pola Policía Local

O Porriño | 250 escolares dos colexios de Porriño participaron no curso de Seguridade Vial que imparte cada ano a Policía Local cuia parte práctica vén de concluir en marzo. Interviron alumnas e alumnos de Sexto de Primaria dos cebtros educativos de Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga.

A actividade dividiuse en dúas partes. A teórica fora impartida en outubro a través de coloquios cos axentes para que os nenos coñeceran a educación vial. Os alumnos expoñían as súas dúbidas sobre situacions de seguridade e debatían cos axentes para clarexar as súas inquedanzas.

Despois na parte práctica, celebrada ó longo de marzo, os alumnos desenrolaron nun circuito preparado e con vehículos diversos axeitados ás súas idades, simulacions de tráfico para aplicar o aprendido nas clases teóricas.

Publicado o 1 Abr 2019 en Educación, O Porriño, Portada.
Síguenos no noso canal do TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies